Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form
10351

O martes 15 de marzo conmemórase o aniversario da inauguración do Centro Galego de Artes da Imaxe cun pase especial de tres pezas inéditas rodadas por Ángel Blanco entre 1929 e 1931 e que forman parte do fondo depositado por Alberto Martí.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) celebra este martes 15 de marzo o vixésimo quinto aniversario do inicio da súa actividade cun balance de máis de 300.000 espectadores e 7.500 títulos programados. Desde a súa inauguración na Coruña o 15 de marzo de 1991, o seu equipo vén traballando na recuperación, conservación e difusión do noso patrimonio fílmico e fotográfico, así como na promoción entre a sociedade galega dun maior coñecemento do cinema e das artes da imaxe en xeral.

Continue reading
0
4673

O departamento provincial de Cultura e Lingua apostou pola integración e a accesibilidade na súa programación de actividades do Ano Castelao nos concellos.

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, presentou esta mañá as actividades culturais do Ano Castelao que se realizarán nos concellos da provincia. Un programa de exposicións, concertos e obradoiros que contribuirá a complementar as programacións culturais locais, co obxecto de chegar a toda a poboación da provincia.

Continue reading
0
5158

Goretti Sanmartín destaca a relación da cultura galega e irlandesa na visita do embaixador David Cooney.

A vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín destacou as múltiples ligazóns entre Galiza e Irlanda a recepción o embaixador David Cooney na súa visita á Coruña con motivo da conmemoración do centenario do Levantamento de Pascua.

Continue reading
0
8978

O programa inclúe unha homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman e a premiada ‘Paulina’, do director arxentino Santiago Mitre.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemorará o Día Internacional da Muller cunha nova edición do ciclo cinematográfico ‘Olladas de mulleres no mundo’, para o que volve contar coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Do martes 8 ao sábado 12 proxectarase na sede coruñesa da Filmoteca de Galicia un total de oito títulos a través dos que se achega unha perspectiva feminina do cinema, ben sexa pola súa autoría, ben pola súa temática.

Continue reading
0
Tagged in: CGAI Ciclo Mulleres
3840

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, comprometeuse a apoiar distintas iniciativas promovidas pola Academia Galega do Audiovisual.

Nunha xuntanza coa súa directiva presidida por Carlos Ares adiantou as liñas de traballo no sector.

A área de Cultura da Deputación da Coruña está a traballar na promoción do audiovisual galego con cambios nas convocatorias para incluír as producións do sector e novas liñas que repercutirán na súa difusión e coñecemento.

Continue reading
0
4623
O 30 de marzo celebrarase a gala de entrega no Teatro Rosalía Castro da Coruña. O Salón Teatro en Santiago acolleu presentación dos espectáculos e profesionais finalistas aos XX Premios María Casares, que se entregarán o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Un total de 14 espectáculos acadaron algunha candidatura nos 14 apartados nos que se dividen estes galardóns. Ao acto organizado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e presentado por Nieves Rodríguez, actriz e vogal desta entidade, acudiu a maior parte dos finalistas dunha edición na que que se realiza por vez...
Continue reading
0
21189

A nova carteleira bimestral da Filmoteca de Galicia ofrece especiais sobre creadoras galegas, Charles Burnett, a historia da animación española, a actriz María Casares e Jean Renoir.

A cineasta berlinesa Birgit Hein, considerada unha das máis relevantes figuras da historia do cinema experimental, visitará esta semana A Coruña para compartir co público tres das sesións programadas no ciclo que lle dedica desde o xoves o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia). A directora presentará as sesións do venres 4, ás 18.00 e ás 20.30 horas, e o sábado 6, ás 18.00 horas.

Continue reading
0
9719
Abano Producións, Frida Films, Mad Mex Filmanova, Matriuska Producciones, Pulsa Control Z, Vaca Films, Vía Láctea Filmes e Zeitun Films difundirán os seus produtos no encontro internacional que se desenvolve en paralelo á Berlinale. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e mais oito produtoras galegas integran a delegación comercial que está a promover e a ampliar a distribución exterior do noso audiovisual no European Film Market (EFM) de Berlín, a feira internacional de referencia que se desenvolve en paralelo á Berlinale ata o vindeiro 19 de febreiro. A delegación empresarial galega, na que este ano participan representantes de Abano...
Continue reading
0
33144

A carteleira inclúe recitais de Les Éléments, Katonia Twins Guitar Duo, Manuel Vilas, Capella Duriensis, Emilio Villalba e Sara Marina, laReverdie e Spanish Brass Luur Metalls.

O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’ celebrará a súa novena edición do 4 ao 13 de marzo cunha programación que inclúe sete concertos a cargo de formacións de cámara procedentes de varios países, unha conferencia de Cecilia Rodrigo e varios encontros entre intérpretes.

Continue reading
0
10677

A programación terá lugar en 41 espazos deste circuíto, consolidado como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional

Presentouse a nova programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que ofrecerá ata xuño 317 representacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo en 41 espazos de toda Galicia. Segundo explicou, esta cifra supón un aumento de preto do 25% no número de funcións contratadas respecto ao mesmo período do ano pasado, porcentaxe que reflicte á súa vez a consolidación deste circuíto como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional.

Continue reading
0