Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form
Subscribe to this list via RSS Blog posts tagged in Cine
19470

Arranca o ciclo de encontros ‘Non hai museo sen debate’, no que se xuntarán críticos, comisarios, artistas e coleccionistas para analizar o estado actual do medio museístico.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) organiza para as vindeiras semanas múltiples actividades de diversas disciplinas culturais. De feito, hoxe arranca o ciclo de encontros ‘Non hai museo sen debate’, no que se reunirán críticos, comisarios, artistas e coleccionistas para analizar o estado actual do medio museístico.

O obxectivo destas xornadas é a reflexión arredor do presente e do futuro dos centros e institucións de arte contemporánea. Unha cita para falar sobre o modelo de museo que queremos e necesitamos, compartindo experiencias de profesionais da escena galega e tamén de fóra de Galicia. Nas diferentes mesas de debate participarán artistas como Antón Patiño ou Carme Nogueira, comisarios como David Barro ou Daniel Castillejo, críticos como Ángela Molina ou Xosé Manuel Buxán Bran, e coleccionistas como Juan Carlos Román ou Rosario Sarmiento, entre outros.

Continue reading
0
101314

A décimo terceira edición celebrarase en Santiago de Compostela entre o 26 e o 31 de outubro.

A décimo terceira edición do festival de Cine Euroárabe Amal celebrarase en Santiago entre o 26 e o 31 de outubro. A implicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nesta cita ratifica a aposta que o Goberno galego está a facer por enriquecer a oferta cultural da que goza a cidadanía, ao tempo que supón contribuír ao establecemento dunha programación estable e de calidade nas salas galegas, neste caso no Teatro Principal, en Compostela. Neste sentido cómpre sinalar que, máis aló da programación deste mes, a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas –organizadora do festival– colabora ao longo do ano con diversas entidades para programar ciclos de cinema en diversos concellos de Galicia.

Continue reading
0
8861
'O descoñecido', 'Psiconautas', 'Cociñando na fin do mundo' e 'As altas presións' son as catro producións galegas seleccionadas polo Festival Internacional de Cine de San Sebastián para seren exhibidas en diferentes seccións da súa 63a edición, que arranca mañá na capital donostiarra. Nos catro casos, trátase de filmes subvencionados pola Xunta de Galicia a través do programa de axudas á produción e coprodución audiovisual que xestiona anualmente a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contará tamén coa presenza no festival da coordinadora do seu departamento de Política Audiovisual,  Dolores Meijomín,...
Continue reading
0
6926
‘Noite curta’, adianto do festival o 2 e 9 de setembro na Praza das Pratarías. A concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra, e o director do Festival internacional de cinema Curtocircuito Pela del Álamo, anunciaron en rolda de prensa na casa do concello, a presenza en Curtocircuito 2015 do laureado director. O festival internacional de cinema Curtocircuíto que se organiza desde a concellaría de Acción Cultural e que conta coa xestión do Auditorio de Galicia, continua a consolidar o prestixio acadado coa presenza do mestre finés Aki Kaurismäki. Esta é a primeira dunha serie de sorpresas que traerá o festival na...
Continue reading
0
4498
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volverá apoiar economicamente o Concello de Ourense na organización do OUFF (Ourense Film Festival), que desenvolverá a súa vixésima edición do 14 ao 22 de novembro. Así se recolle no convenio de colaboración asinado en Santiago polo director da Agadic, e o alcalde ourensán, Jacobo Sutil e Jesús Vázquez Abad, respectivamente, do Partido Popular. Este documento define como “esencial” o establecemento de accións conxuntas entre ambas as entidades para afondar na promoción e potenciación do sector audiovisual galego a través da colaboración no OUFF, que “destaca...
Continue reading
0
Tagged in: Agadic Cine OUFF Ourense
6001
A primeira edición do evento, dirixido por Xaime Arias, celebrarase mañá arredor da proxección de ‘Os fenómenos’ no Graduate Centre da City University of New York e dun acto socio-gastronómico no Instituto Cervantes A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a Academia Galega do Audiovisual (AGA) colaboran na primeira edición do Galician Cinema Festival en Nova York, un evento que combina cine e gastronomía para achegarlles o potencial da industria audiovisual galega a produtores, directores, distribuidores, prensa especializada e demais axentes do mercado cinematográfico norteamericano. O festival, que se celebrará...
Continue reading
0
Tagged in: Agadic Cine Festival NY