Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

XX Premio González Garcés de poesía. Gañadores Lupe Gómez e Daniel Asorey

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 20163
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
20163

O confinamento e unha proposta de amores, alianzas e rebeldía protagonizan os dous libros

Un xurado composto polas poetas Lorena Conde, María Lado, Ánxela Lema, Eli Ríos e Antón Lopo co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñiz como secretaria, decidiu conceder a XX edición o Premio González Garcés ex aequo a Lupe Gómez e Daniel Asorey polas súas obras "Silabario da Peste" e "Contra natura".

a obra de Lupe Gómez o xurado destaca que é un "libro cruzado polas atmosferas do confinamento no que a voz da súa autora mantén o pulso poderoso da poesía como instrumento de supervivencia. A palabra rompe o silencio e convértese a través dunha escrita convulsa nunha explosión vital e escintilante".

En canto ao poemario de Daniel Asorey o xurado puxo fincapé na interesante "incidencia da voz poética na necesidade de irmandade sobre a non normatividade e aposta polo colectivo, o cal converte este libro nunha insólita proposta de amores, alianzas e rebeldía".

O xurado destaca tamén o alto nivel dos máis de sesenta libros presentados a esta convocatoria, o que "demostra a boa saúde da literatura galega e, en concreto, da poesía". Precisamente, a altura das obras presentadas motivou un gran debate e propiciou que, ante unha decisión especialmente difícil, o xurado decidise declarar ex aequo o premio e reflectir neste fallo a riquísima variedade das liñas creativas presentadas ao concurso.

 

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Sunday, 22 December 2024