A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, comprometeuse a apoiar distintas iniciativas promovidas pola Academia Galega do Audiovisual.
Nunha xuntanza coa súa directiva presidida por Carlos Ares adiantou as liñas de traballo no sector.
A área de Cultura da Deputación da Coruña está a traballar na promoción do audiovisual galego con cambios nas convocatorias para incluír as producións do sector e novas liñas que repercutirán na súa difusión e coñecemento.