Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Serie 25N - Espectáculo BRAVAS, Mulleres anónimas que tamén fan historia

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 18181
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
18181

Isabel Risco presenta Bravas, de Culturactiva e Maquinaria Pesada

Inicamos a Serie 25N polo Día Internacional contra a Violencia Machista ca que queremos tamén poñer o noso gran de area e contribuír a denunciar todo tipo de violencias contra as mulleres. Falaremos de distintas actuacións que decorren polo País ao redor deste día e que contribúen a visibilizar esta loita tan necesaria. 

 

b2ap3_thumbnail_BRAVAS_CARTAZ.jpg

Abrimos esta nova sección presentándovos o espectáculo BRAVAS con Isabel Risco, actriz galega que xa tivemos o pracer de entrevistar aquí (Isabel Risco: “Nós non lle restamos o mundo, sumámoslle” - - Blog de tuplace ) e máis con Fran Rei. BRAVAS, Mulleres anónimas que tamén fan historia é un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII de mulleres sen medo, rebeldes e xustas que ese enfrontaron ao poder establecido.

Isabel Risco proponnos un xogo a través dunha viaxe no tempo de teatro cómico e comprometido, cheo de ledicia e combativo, para reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única e plural tan necesaria da realidade. Neste momento que estamos vivindo, no que precisamos sobre todo risas, chega Isabel Risco, a máis coñecida e talentosa das humoristas galegas, con unha proposta para desternillarse: BRAVAS!! unha comedia histórica? Un alegato feminista? Un antídoto á depresión? Todo iso e moito máis. Espectáculo perfecto para levar mascarilla e que ninguén vexa de que rís.

 

b2ap3_thumbnail_ISA-RISCO-en-BRAVAS.jpg

A estrea de BRAVAS foi a pasada fin de semana en Vilagarcía, mais continúa o seu periplo por outras vilas do País, desta volta tócalle a Carballo. Este espectáculo conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Entrada libre e gratuíta, con previa reserva de entrada no email This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. , enviando nome, apelidos e número de teléfono. 

*Reserva de 2 entradas por persoa como máximo.

*Debido ás restricións sanitarias, poñeranse a disposición do público 30 entradas.

b2ap3_thumbnail_ISA-RISCO-en-BRAVAS-2.jpg

b2ap3_thumbnail_ISA-RISCO-en-BRAVAS-3.jpg

Un pouco máis sobre Isabel Risco: 

Premio FETEGA Carballiño á Mellor Actriz 2015

Actriz, clown e pedagoga teatral, Isabel Risco leva varios lustros levando á práctica a súa vis cómica sobre as táboas ou diante das cámaras. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais, no ámbito do audiovisual, traballou en series como Padre Casares, Era visto, A vida por diante, O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En pé de festa, Zapping comando, Máxima audiencia, Land Rober ou Tourilandia.

 

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Thursday, 12 December 2024