Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form
Subscribe to this list via RSS Blog posts tagged in Cinema
21300

A nova carteleira bimestral da Filmoteca de Galicia ofrece especiais sobre creadoras galegas, Charles Burnett, a historia da animación española, a actriz María Casares e Jean Renoir.

A cineasta berlinesa Birgit Hein, considerada unha das máis relevantes figuras da historia do cinema experimental, visitará esta semana A Coruña para compartir co público tres das sesións programadas no ciclo que lle dedica desde o xoves o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia). A directora presentará as sesións do venres 4, ás 18.00 e ás 20.30 horas, e o sábado 6, ás 18.00 horas.

Continue reading
0
26094

O encontro, que se inaugura o 14 de novembro coa estrea de ‘Lobos sucios’, de Simón Casal, desenvolverase ata o día 22 en catro espazos da cidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que proxectará máis de 30 películas do 14 ao 22 de novembro en catro espazos da cidade e incorpora, entre outras novidades, un encontro de coprodución entre Galicia e Portugal organizado pola Agadic.

Promovido polo Concello de Ourense co obxectivo de contribuír á difusión en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de dar visibilidade á produción audiovisual galega, o OUFF 2015 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica a través dunha competición oficial á que este ano concorren dez películas (‘Dark Horse’, ‘Teito e comida’, 'Killing Time', 'The Sinking of Sozopol’, ‘Brindgend’, ‘A vida despois’, ‘A noiva’, ‘Bambanti’, ‘O comezo do tempo’ e ‘A decisión de Julia’), con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos na nosa Comunidade ou á exhibición de documentais.

Continue reading
0
4652

A Filmoteca de Galicia é unha das sedes desde encontro de cine de terror, dentro do que o mércores 28 proxectará 'El ataque de los muertos vivientes' e o xoves 29, 'La noche del terror ciego' coa presenza dunha das protagonistas, a danesa Lone Fleming.

O festival  Freakemacine presentou hoxe no CGAI o programa da súa 7ª edición, que se desenvolverá do 26 de outubro ao 1 de novembro na Coruña. A filmoteca galega será unha das sedes das proxeccións e actividades paralelas, entre as que destaca a homenaxe ao coruñés Amando de Ossorio, un dos grandes nomes do xénero de terror.

Continue reading
0