O especial sobre o gran cineasta francés, que dá comezo hoxe con ‘Boudu salvado de las aguas’, comprende varias copias novas tanto en DCP como en 35 mm.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa desde hoxe e ata o vindeiro 8 de abril a primeira parte dun ciclo dedicado a Jean Renoir, durante o que proxectará na súa sede da Coruña dez destacadas obras desta figura clave na historia do cinema francés e universal.