'O descoñecido', 'Psiconautas', 'Cociñando na fin do mundo' e 'As altas presións' son as catro producións galegas seleccionadas polo Festival Internacional de Cine de San Sebastián para seren exhibidas en diferentes seccións da súa 63a edición, que arranca mañá na capital donostiarra. Nos catro casos, trátase de filmes subvencionados pola Xunta de Galicia a través do programa de axudas á produción e coprodución audiovisual que xestiona anualmente a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
A Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contará tamén coa presenza no festival da coordinadora do seu departamento de Política Audiovisual, Dolores Meijomín,...
Continue reading