Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form
Subscribe to this list via RSS Blog posts tagged in Música
7861

Entrevistamos a Guadi Galego, unha das nosas grandes referentes musicais dende hai xa uns anos e que ven de ser galardoada co Premio Martin Codax da música.

Guadi Galego, natural de Cedeira, A Coruña, comeza a súa andaina musical sendo moi nova, estudando música no conservatorio da Coruña e música tradicional en distintos grupos da zona. No ano 1997 entra a formar parte do grupo Berrogüetto, no cal estivo dez anos exercendo como cantante e gaiteira.

Con esta banda acadou un grande recoñecemento internacional e gravou tres discos: Viaxe por Urticaria (1999) e máis Hepta (2001), ámbolos dous calorosamente recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos, entre eles, o de Mellor Grupo Folk Europeo do ano 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos na súa edición de 2002.

Continue reading
0
32056

A carteleira inclúe recitais de Les Éléments, Katonia Twins Guitar Duo, Manuel Vilas, Capella Duriensis, Emilio Villalba e Sara Marina, laReverdie e Spanish Brass Luur Metalls.

O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’ celebrará a súa novena edición do 4 ao 13 de marzo cunha programación que inclúe sete concertos a cargo de formacións de cámara procedentes de varios países, unha conferencia de Cecilia Rodrigo e varios encontros entre intérpretes.

Continue reading
0
4396
O evento terá lugar en Santiago do 15 ao 17 de outubro coa participación de artistas gañadores en anteriores edicións dos galardóns.   A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a Asociación Músicos ao Vivo no desenvolvemento da primeira edición do Festival Premios Martín Códax da Música que, segundo o convenio subscrito esta mañá entre ambas as entidades, terá lugar os días 15, 16 e 17 de outubro en diferentes espazos de Santiago de Compostela. A iniciativa, para a que se contará coas actuacións de artistas e grupos gañadores das anteriores edicións...
Continue reading
0
7376
A Axencia da Consellería de Cultura e Educación completou a adxudicación de máis de 350.000 euros a 53 empresas dos diferentes ámbitos das industrias culturais A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de completar a adxudicación dun total de 350.742 euros a 53 empresas culturais galegas no marco da convocatoria de subvencións á distribución para as industrias culturais correspondente a 2015. A través desta contía, contribúese á realización dun total de 435 actuacións de teatro, danza, novo circo e música dentro e fóra de Galicia, así como á promoción exterior dos produtos...
Continue reading
0