Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O cineasta Aki Kaurismäki visitará O Festival Curtocircuito

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 6905
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
6905

‘Noite curta’, adianto do festival o 2 e 9 de setembro na Praza das Pratarías.

A concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra, e o director do Festival internacional de cinema Curtocircuito Pela del Álamo, anunciaron en rolda de prensa na casa do concello, a presenza en Curtocircuito 2015 do laureado director.

O festival internacional de cinema Curtocircuíto que se organiza desde a concellaría de Acción Cultural e que conta coa xestión do Auditorio de Galicia, continua a consolidar o prestixio acadado coa presenza do mestre finés Aki Kaurismäki. Esta é a primeira dunha serie de sorpresas que traerá o festival na súa próxima edición que se celebrará do 6 ao 11 de Outubro.

Curtocircuíto pretende ser algo máis que un festival de cinema, para converterse nun punto de encontro lúdico e cultural.

Kaurismäki é internacionalmente coñecido por filmes como Nubes pasaxeiras (1996) ou Un home sen pasado (2002), polo que levou a Palma de Oro en Cannes. As súas películas xiran en torno a personaxes esperpénticos en difíciles situación e están cargadas de humor negro e dun humanismo que gañou ao público de todo o mundo.

Curtocircuito presenta así o primeiro programa, desta índole, que se lle dedica ao finés en España: 'Rock & Shorts' recollerá as súas obras menos coñecidas, os 'rock films' e curtametraxes e no programa especial titulado 'Signed by Aki K.', o finés compartirá copúblico filmes referenciais para él.

O festival contara coa presenza de Kaurismäki os días 9 e 11 de outubro. Amais das sesións, haberá encontros co público

A sesión 'Rock & Shorts'

A sesión 'Rock & Shorts' mostrará varios dos filmes musicais que fixo cos Leningrad Cowboys, banda de rock'n'roll de grande prestixio. Esta unión fixo mundialmente coñecido a Kaurismäki grazas á película Leningrad Cowboys Go America (1989), na liña de cintas de grandes grupos, como A Hard Day's Night (Richard Lester, 1964), rodada en plena beatlemanía. O filme dos Leningrad Cowboys tivo unha importante xira internacional, pero antes a colaboración entre o cineasta e a banda xa dera sinais de grande creatividade con propostas como Rocky VI (1986), Thru the Wire (1987), Rich Little B itch (1987), Those Were the Days (1992) ou These Boots (1993), todas incluídas no programa. Estas peliculas conteñen algunhas das constantes que posteriormente marcarán a obra do finés. Cunha narración moi traballada, dilapidan a idea tradicional do videoclip.

Ademais de contar con esta dilatada obra musical, Kaurismäki tamén realizou varios filmes no marco de proxectos con outros cineastas, que o levaron a visitar países como Portugal, país que ama e no que reside actualmente. Alí rodou Bico (2004) e O Tasqueiro (2012). A primeira, documental de carácter patrimonial, é un honesto retrato dunha vila da zona montañosa de Castro Laboreiro, ao norte do país. Pola súa banda, O Tasqueiro conta a historia do dono dun bar en horas baixas, que intenta atraer clientes. Rodada en Guimarães, a cinta destila o esperpéntico patetismo humanista da obra do seu autor, no contexto luso. Completan o programa Valimo (2007), sobre unha fundición; e Dogs Have no Hell (2002). Esta última retoma os personaxes da súa exitosa Un home sen pasado, e conta o que aconteceu con eles logo do final do filme.

Kaurismäki, programador convidado

A segunda sesión, titulada 'Signed by Aki K.', reúne un trío de filmes elixidos polo autor. Son apostas moi especiais, pequenas xoias que o finés quere dar a descubrir ao público. A primeira delas, The Fatal Glass of Beer (Clyde Bruckman, 1933), é unha das grandes comedias escritas polo mestre do xénero W.C. Fields, tamén protagonista da curta. Coñecido nos anos 30 por desenvolver un alter ego fedello e satítico, esta película é unha parodia dos melodramas canadianos desa época.

A seguir, o filme censurado de John Huston, sobre soldados marcados mentalmente pola Segunda Guerra Mundial. Let There Be Light (1946) é un interesantísimo documental, sen ditribución ata o 80, no que segue a varios excombatentes afectados por síndromes postraumáticos. Completa a sesión o filme do seu axudante Chilles Charmant, Seul l'avenir nous le dira (2015), un tolo exercicio de ciencia-ficción, no que o realizador de cinema alemán Rainer Werner Fassbinder queda crioxenizado nun aparello e esperta no ano 2028 en Francia, para atopar que o país está sumido nunha terrible ditadura.

‘Noite Curta’ como adianto do festival en setembro

 O festival contará ademais en setembro con dúas sesións ao aire libre, abertas a toda a cidadanía, na praza das Praterías os mercores 2 e 9 ás 21.30 h.

Este programa especial, co nome de Noite Curta, proxectará as películas gañadoras da pasada edición, amais de contar cunha colaboración co festival de música WOS INC. A través deste acordo, o evento musical contará con proxeccións de cinema, que se anunciarán en breve, mentres que a segunda Noite Curta establecerá diálogos entre as dúas artes. Os concertos de Curtocircuíto, irmandados con WOS INC, serán tamén un dos pratos fortes da vindeira edición, que quere converterse nun importante evento cultural e lúdico para a cidade, co seu centro no cinema, mais establecendo relacións con outras disciplinas.

En breve, anunciaranse novos contidos sobre Curtocircuíto, con retrospectivas dedicadas a importantes autores, unha sección oficial con importantes estreas internacionais ou obradoiros para públicos diversos, amais de encontros con directores, entre outras actividades.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Thursday, 12 December 2024