Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O CINEMA GALEGO PRESÉNTASE NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN CON CATRO PELÍCULAS

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 8688
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
8688

'O descoñecido', 'Psiconautas', 'Cociñando na fin do mundo' e 'As altas presións' son as catro producións galegas seleccionadas polo Festival Internacional de Cine de San Sebastián para seren exhibidas en diferentes seccións da súa 63a edición, que arranca mañá na capital donostiarra. Nos catro casos, trátase de filmes subvencionados pola Xunta de Galicia a través do programa de axudas á produción e coprodución audiovisual que xestiona anualmente a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

A Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contará tamén coa presenza no festival da coordinadora do seu departamento de Política Audiovisual,  Dolores Meijomín, quen forma parte do xurado do Premio Irizar ao Cine Vasco xunto cos directores José Mari Goenaga e María Elorza.

A produción de Vaca Films e Atresmedia 'O descoñecido', que supón o debut do monfortino Dani de la Torre na dirección de longametraxes, preséntase en San Sebastián tras a boa acollida da súa estrea na Mostra de Venecia e nos días previos á súa chegada ás salas comerciais a partir do 25 de setembro. Luis Tosar protagoniza este filme rodado na Coruña e interpretado, así mesmo, por Javier Gutiérrez, Goya Toledo, Elvira Mínguez e Fernando Cayo, ademais de polos nenos Paula del Río e Marco Sanz. O thriller proxectarase fóra de concurso os vindeiros días 21 e 22.

Sección Zabaltegi

Pola súa banda, a longametraxe de animación 'Psiconautas', dirixida por Alberto Vázquez e Pedro Rivero, foi seleccionada dentro da sección Zabaltegi, aberta a propostas  sorprendentes e heteroxéneas, sen normas formais nin limitacións temáticas. É o caso desta coprodución entre Galicia e o País Vasco, participada pola produtora compostelá  Zircozine, que adapta para o cinema a novela gráfica homónima de Alberto Vázquez. Así, o debuxante e realizador coruñés volve formar dúo con Pedro Rivero, con quen xa codirixira 'Birdboy', unha curta baseada na mesma novela pola que recibiron o Goya á mellor Curtametraxe de Animación en 2012.

Estrea

Tamén o xénero documental terá representación galega a través de 'Cocinando na fin do mundo', produción de Esmerarte que se estreará o día 24 no marco da sección Culinary  Zinema do Festival de San Sebastián. A fita que dirixiu Alberto Baamonde é tamén a primeira longa sobre a nova cociña galega, a través da que o espectador se achega a Galicia e a  súa gastronomía da man dos cociñeiros do Grupo Nove.

Completa a participación do audiovisual galego na programación de San Sebastián a fita 'As altas presións', dirixida por Ángel Santos e producida por Matriuska Producciones. O filme, que se exhibirá os días 19 e 20 dentro da sección Made in Spain, conta a historia do reencontro coa súa orixe de Miguel, un director de cinema que regresa a Pontevedra, a súa cidade natal, na procura de localizacións para o seu próximo traballo.

Andrés Gertrúdix, Itsaso Arana, Diana Gómez, Juan Blanco, Marta Pazos e Hugo Torres interpretan esta longametraxe, que en 2014 foi galardoada co premio á Mellor Película na sección Nuevas Olas do Festival de Sevilla.

Imaxe: Filme "As Altas Presións"

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Tuesday, 08 October 2024