Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

A AGADIC COLABORA COA ASOCIACIÓN MÚSICOS AO VIVO PARA A CELEBRACIÓN DO PRIMEIRO FESTIVAL PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 3046
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
3046

O evento terá lugar en Santiago do 15 ao 17 de outubro coa participación de artistas gañadores en anteriores edicións dos galardóns.

 

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a Asociación Músicos ao Vivo no desenvolvemento da primeira edición do Festival Premios Martín Códax da Música que, segundo o convenio subscrito esta mañá entre ambas as entidades, terá lugar os días 15, 16 e 17 de outubro en diferentes espazos de Santiago de Compostela.

A iniciativa, para a que se contará coas actuacións de artistas e grupos gañadores das anteriores edicións destes galardóns galegos da música, ten como prioridade dar conta do bo momento creativo que está a vivir a música de Galicia. Ao tempo, difundirase a convocatoria da que será a terceira edición do certame organizado por Músicos ao Vivo, que en breve presentará unha serie de novidades relativas ao calendario e aos requisitos para participar na convocatoria.

Mediante o acordo asinado hoxe por Jacobo Sutil, director da Agadic, e Iria Pinheiro, presidenta de Músicos ao Vivo, a Consellería de Cultura e Educación reitera a súa colaboración na difusión dos Premios Martín Códax da Música a través de iniciativas encamiñadas a que sexan socialmente recoñecidos como os principais galardóns do sector musical galego. Con esta mesma finalidade e no caso do festival previsto para este outono, xunto coa programación de concertos, organizaranse encontros profesionais, coloquios e diferentes accións promocionais.

A devandita asociación puxo en marcha estes premios en 2013 co obxectivo de recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas, así como o seu potencial como industria e motor económico. A través deles promóvese o traballo dos músicos galegos tanto dentro como fóra da nosa Comunidade, ademais de descubrir novos talentos e de lle achegar ao público a música e o seu proceso de produción.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Wednesday, 28 July 2021