Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
A décimo terceira edición do festival de Cine Euroárabe Amal celebrarase en Santiago entre o 26 e o 31 de outubro. A implicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nesta cita ratifica a aposta que o Goberno galego está a facer por enriquecer a oferta cultural da que goza a cidadanía, ao tempo que supón contribuír ao establecemento dunha programación estable e de calidade nas salas galegas, neste caso no Teatro Principal, en Compostela. Neste sentido cómpre sinalar que, máis aló da programación deste mes, a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas –organizadora do festival– colabora ao longo do ano con diversas entidades para programar ciclos de cinema en diversos concellos de Galicia.
O sector editorial galego participa estes días en Madrid na nova edición da feira internacional do libro Liber, onde os selos Kalandraka, MC Sports e Nova Galicia Edicións, xunto coa distribuidora Arnoia, contan cun stand propio para dar a coñecer o seu traballo e favorecer novas vías de negocio con outros axentes do sector.
A Axencia Galega das Industrias Culurais (Agadic) apoia a presenza das produtoras Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, R, Treeline Distribution, Yellow Train Productions e Zenit TV na 26ª edición do mercado MIPCOM, que se celebra desde hoxe e ata o día 8 na cidade francesa de Cannes.