Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

O Centro Coreográfico organiza un curso de metodoloxía da danza clásica co mestre Gonzalo Zaragoza

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4322
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4322

O xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid 'María de Ávila' conducirá este encontro do 10 ao 12 de outubro na sede do CCG na Coruña.
 

Gonzalo Zaragoza regresará ao Centro Coreográfico Galego para impartir un curso de metodoloxía da danza clásica do 10 ao 12 de outubro. Os participantes afondarán nos métodos de aprendizaxe desta disciplina co xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid 'María de Ávila', quen xa conducira outro encontro en xullo.

As persoas interesadas en participar neste novo obradoiro, pensado para profesionais, docentes e estudantes de danza clásica, teñen de prazo ata o 2 de outubro para formalizar a súa solicitude seguindo as instrucións que se especifican no web do Centro Coreográfico.


Traxectoria
Desde o curso 2006-07, Gonzalo Zaragoza exerce como xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid ‘María de Ávila’, onde tamén imparte Técnica Clásica e Metodoloxía Didáctica da Danza Clásica. Xunto coa súa experiencia docente, tanto no conservatorio superior madrileño como na escola de Carmen Roche e no Real Conservatorio Profesional de Danza ‘Mariemma’, fixo así mesmo carreira internacional como bailarín en Les Ballets de Monte Carlo ou no London City Ballet, entre outros. Con estas compañías interpretou, por exemplo, os ballets 'La fille mal Gardee', 'Coppelia', 'Gaite Parissiene' e 'Theme and Variations'. Ademais, en 1990 conseguiu a medalla de prata no concurso internacional de danza clásica Prix Carpeaux.

Esta nova cita insírese no programa formativo do Centro Coreográfico Galego para o curso 2015-16, que botou a andar este mesmo mes de setembro cos cursos de técnica de puntas con Cristina Gallardo, repertorio de Nacho Duato con Christelle Horna, técnica Contact Improvisación con Amaury Lebrun e danza moderna e contemporánea con Fernando Lázaro.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Domingo, 22 Decembro 2024