Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
O pasado domingo 23 de febreiro e nunha “coincidencia cósmica” co Día de Rosalía que diría súa intérprete, a nova obra de Nabiza Girl: 'O estraño caso da cultura minguante' ateigou a Casa da Cultura de Sada na súa estrea para todos os públicos e xa ten varias actuacións programadas neste mes de marzo e ata xuño. Non a perdades!
Próximas paradas de 'As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante'
➡️ 14 de Marzo, Centro Ágora da Coruña.
➡️ 28 de Marzo, Barbadás
➡️ 5 de abril, Muros
➡️ 29 de Xuño, Moaña
Desde TuPlace desexámoslle a Nabiza e a Isa Risco o mellor dos camiños nesta nova andaina!