Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

O mercado 'Galicia Escena PRO' exhibirá as últimas propostas de 24 compañías galegas do 3 ao 6 de novembro

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 5017
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
5017

A Agadic publica hoxe na súa web a relación dos espectáculos completos, que amplía de 11 a 14 o número de títulos en cartel, e dos 10 en formato 'showcase' seleccionados pola comisión.

Catro espazos da cidade –Auditorio Abanca, Salón Teatro, SGAE/Fundación Autor e Teatro Principal– acollerán a carteleira deste evento, que lles ofrece ás formacións artísticas galegas un espazo para o encontro cos representantes dos teatros, auditorios, salas e mostras escénicas cara á configuración da súa próxima temporada de exhibición.
 
Estreas absolutas
Na categoría de espectáculos completos, que este ano ampliou de 11 a 14 o número de títulos en cartel, a comisión encargada da selección elixiu dúas estreas absolutas ('Unhas poucas picadelas', de Teatro de Ningures, e 'Calypso', de Voadora), así como outras cinco propostas teatrais para público adulto: 'Panamericana', de A Panadaría; 'Noiteboa', de Redrum Teatro; 'Ensaio sobre a cegueira', de Sarabela Teatro; 'O principio de Arquímedes', de Teatro do Atlántico; e 'Presidente', de Teatro do Morcego). Haberá, ademais, un espectáculo de danza circo ('AIREnoAR', da compañía homónima) e seis propostas para público infantil, entre as que atopamos teatro de actor, de monicreques e danza ('Luppo', de Baobab Teatro; 'Feo!', de Caramuxo Teatro, 'Jim e a Illa do Tesouro', de Eme2 emoción&arte; 'Xoga', de Entremans; 'Don Quixote, unha comedia gastronómica', de Limiar Teatro; e 'Peer Gynt', de Viravolta Títeres).
 
Tamén no apartado de 'showcases', con 10 propostas seleccionadas, as compañías de referencia no panorama teatral galego conviven con novas formacións que están a traballar no ámbito das novas tendencias, como é o caso de ArtesaCía con 'Zugunruhe' e Colectivo Cinema Sticado con 'STRPTS//Episodio 1: Mirlo&Rula'. Ambas as dúas diríxense ao público adulto, do mesmo xeito que 'Os amos do mundo', de Bucanero, e 'O furancho', de Ibuprofeno Teatro, e as producións coreográficas 'Ulises e a nena durmida', de Ánxela Blanco, e 'Bailadores soñadores', de Nova Galega de Danza. Para todos os públicos está pensado o espectáculo 'Baraka', do Mago Xacobe, mentres que outros tres títulos están ideados para os espectadores máis novos: 'Non toques os meus círculos', de Artello Teatro; 'Xurdefet', de Berrobambán; e 'Manawee', de Matrioshka Teatro.
 
Adianto dos próximos proxectos
Unha das novidades que presenta o programa de Galicia Escena PRO deste ano é a incorporación dunha xornada de 'pitching', de xeito que as compañías que así o soliciten lles poderán presentar aos programadores asistentes un avance dos seus proxectos para a vindeira temporada. Esta sesión especial, para a que a Agadic abrirá proximamente unha nova convocatoria, terá lugar o último día do mercado como parte das actividades paralelas ao programa de exhibición e coincidindo coa celebración da asemblea ordinaria da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

-Relación de compañías e propostas seleccionadas
0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Martes, 24 Decembro 2024