Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Exposición Castelao: o retorno a Galiza, 1984. Xan Carballa.

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 5
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
5

Exposición Castelao: o retorno a Galiza, 1984. Xan Carballa, no Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos, 3, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña)

Do 22 de abril ao 15 de xuño de 2025

Unha mostra comisariada por Xosé Enrique Acuña que lembra aquel 28 de xuño de 1984 a través de 52 imaxes tomadas por Xan Carballa para o semanario A Nosa Terra. Trátase dunha crónica visual dos actos que tiveron lugar no aeroporto da Lavacolla, nos exteriores de San Domingos de Bonaval e no propio Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, lugar onde foi soterrada a gran figura do galeguismo. Un "fantástico exemplo de fotoxornalismo gráfico da transición", como subliñaban Xosé Enrique Acuña e o director do Museo do Pobo Galego, Lois Ladra. E un testemuño gráfico co que as xeracións vindeiras poderán "aprender e transmitir como foi o retorno a Galicia do seu fillo insigne", segundo apuntaba a videpresidenta do Padroado do Museo, María Xosé Cerviño, quen lembrou tamén como foron moitas e moitos os membros do Padroado do Museo os que asistiron a aquel emocionante momento. (do FB do Museo do Pobo Galego)

 

0
URL Trackback para esta Postaxe

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Luns, 05 Mai 2025