A décimo terceira edición celebrarase en Santiago de Compostela entre o 26 e o 31 de outubro.
A décimo terceira edición do festival de Cine Euroárabe Amal celebrarase en Santiago entre o 26 e o 31 de outubro. A implicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nesta cita ratifica a aposta que o Goberno galego está a facer por enriquecer a oferta cultural da que goza a cidadanía, ao tempo que supón contribuír ao establecemento dunha programación estable e de calidade nas salas galegas, neste caso no Teatro Principal, en Compostela. Neste sentido cómpre sinalar que, máis aló da programación deste mes, a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas –organizadora do festival– colabora ao longo do ano con diversas entidades para programar ciclos de cinema en diversos concellos de Galicia.