Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre presentan "The Tambourine Man" no Teatro Rosalía

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 17409
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
17409

Venres 16 de outubro, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre fixeron a súa presentación na Coruña, cidade natal do Músico. Unha gran ocasión de ollar ao vivo e nun entorno incomparabel como é o Teatro Rosalía de Castro da cidade herculina, este novo proxecto, tras publicación do seu disco de estrea, que estaba xa dispoñible para ser mercado no propio acceso ao concerto.

 O pasado venres 16 de outubro, Xabier Diaz presentou o seu novo proxecto coas Adufeiras de Salitre, The Tambourine Man, recollido no seu novo disco onde colaboran  Kepa Junquera, Xosé Manuel Budiño, Gutier y Javier Álvarez, Alfonso Merino, Aleix Tobias o Fernando Barroso. O concerto supuxo o inicio da xira-presentación polos teatros do país. Todo isto fixo que se formase unha grande expectación ao redor do concerto. b2ap3_thumbnail_22042077809_fa78c3d7c7_b.jpg

Gran ambente na cidade onde, ademáis, desenrolan a súa actividade docente boa parte das compoñentes das Adufeiras de Salitre (Lidia Sanmartín, Iria Penabad, Noemí Basanta, Bea Mariño, Carolina Vázquez, Maite López, Cristina Pico, Mariña García, Montse García e Mariña García), o cal fixo que a entrada se aproximara ao cheo total.

Con bastante puntualidade, ás 20:35h saíron as adufeiras vestidas de elegante negro e armadas cos adufes (pandeiros cadrados), pandeiretas e cunchas. Comezaron botándolle unha peza tradicionais elas soas. Logo saíu a escena Xabier co seu pandeiro e arroupado polos irmáns Gutier e Javier Álvarez, que se encargaron da zanfona e violín, e do acordeón diatónico, respectivamente.

Xabier foi presentando unha a unha as pezas do seu novo disco, unhas cancións de caracter tradicional, pero vestidas dunha atmósfera íntima, e máxica acadada grazas a súa fermosa maneira de transmitir sentimento co canto, na que a percusión cobra gran protagonismo. Impresionante o virtuosismo dos músicos. Mención especial para Gutier, e a súa zanfona, tocada cunha mestría e virtusismo abraiantes.

Os temas fóronse sucedendo, Langueirón, Agarrado De Cervera De Pisuerga, Canto Dos Mariñeiros De Muxía (Alalá), Maneo De Vilaño, para chegar a un dos momentos emotivos da noite, o Pasodoble Das Costureiras (Jostunen Pasodoblea), adicado por Xabier á memoria de Nacho Mirás Fole, amigo do músico, recentemente finado víctima dunha longa enfermidade.

Continuou o recital: Maneo de Vilaño, Muiñeira Da Picota , Canto De Voda De Villasumil,  para chegar a outro dos momentos emotivos da noite coa presentación do Pasodoble de Beo, b2ap3_thumbnail_21606207494_30af9608cb_b.jpgcun sentido homenaxe cara Dona Teresa, do Concello de Malpica de Bergantiños, muller que lle transmitiu esta canción a Xabier, quen aproveitou para invitala ao concerto e homenaxear a toda a xente encargada de conservar o patrimonio musical non escrito da Galiza. Dona teresa cantou foi agasallada cun fermoso ramo de flores e a emotividade e fermosura do momento púdose percibir nas caras dos asistentes áo espectáculo.Foto: Yolanda NF

Coa presentación de Cantiga da Montaña, o adianto do disco en forma de videoclip, Xabier convidou a xente a facer palmas. Xota de Lira, Muiñeira de Limiñoa e varias pezas populares máis completaron o programa deste marabilloso concerto, onde tamén forón homenaxeadas as bisbarras de onde foron recollidas as músicas, representadas por sectores do público.

A nova banda, na que se reivindica a figura da muller e do adufe, despedíuse entre grandes aplausos e pataleos dun público entregado, que abandonou o teatro emocionado comentando os detalles do xenial espectáculo que acababan de presenciar.

A continuidade da música tradicional, o noso tesouro máis preciado, está garantida con xenios como Xabier, Gutier, Javier e as xeniais Adufeiras. Parabéns a todos e todas.

Fotos: Sindo Novoa e Yolanda NF

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Domingo, 22 Decembro 2024