Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
A cineasta berlinesa Birgit Hein, considerada unha das máis relevantes figuras da historia do cinema experimental, visitará esta semana A Coruña para compartir co público tres das sesións programadas no ciclo que lle dedica desde o xoves o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia). A directora presentará as sesións do venres 4, ás 18.00 e ás 20.30 horas, e o sábado 6, ás 18.00 horas.
O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’ celebrará a súa novena edición do 4 ao 13 de marzo cunha programación que inclúe sete concertos a cargo de formacións de cámara procedentes de varios países, unha conferencia de Cecilia Rodrigo e varios encontros entre intérpretes.
Xabier Díaz (A Coruña, 22 de agosto de 1969) compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo editou Coplas para Icía (2007) coa participación a Pedro Lamas e Suso Iglesias.
Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que realizou os espectáculos Alento, Engado e Tradicción que xiraron pola península ibérica.
Presentouse a nova programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que ofrecerá ata xuño 317 representacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo en 41 espazos de toda Galicia. Segundo explicou, esta cifra supón un aumento de preto do 25% no número de funcións contratadas respecto ao mesmo período do ano pasado, porcentaxe que reflicte á súa vez a consolidación deste circuíto como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia a súa programación de 2016 retomando na súa sede da Coruña o ciclo dedicado ás comedias dos estudios londinienses Ealing, do que xa ofrecera unha primeira entrega a finais de 2015. Neste caso, a carteleira reúne catro clásicos filmados por Robert Hamer, Henry Cornelius e Charles Chrichton entre 1949 e 1953.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou o 28 de Decembro no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha primeira quenda das súas diferentes liñas de subvencións ao sector para 2016. Trátase de catro convocatorias que suman unha contía económica total adxudicable de 920.000 euros e que se dirixen en concreto á produción escénica, ás salas de titularidade privada, á promoción do talento audiovisual galego e aos festivais cinematográficos.
Os galardóns da I Edición dos Premios Camiño de Santiago, promovidos por Turismo de Galicia, foron entregados esta mañá nun acto celebrado na Cidade da Cultura que contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xerente de Xacobeo, Rafael Sánchez, entre outras autoridades.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación da nova programación de actividades e os recursos para celebrar estas festas en galego dentro da cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’.