A programación terá lugar en 41 espazos deste circuíto, consolidado como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional
Presentouse a nova programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que ofrecerá ata xuño 317 representacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo en 41 espazos de toda Galicia. Segundo explicou, esta cifra supón un aumento de preto do 25% no número de funcións contratadas respecto ao mesmo período do ano pasado, porcentaxe que reflicte á súa vez a consolidación deste circuíto como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional.