Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O CGAI retoma o ciclo dedicado ás comedias dos estudios Ealing no inicio da súa programación de 2016

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4427
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4427

Unha antoloxía de Sergio Oksman, a estrea da sección Contextos e os especiais sobre o cinema español máis independente e a vangarda experimental norteamericana son algunhas das novidades do novo programa bimestral xaneiro-febreiro.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia a súa programación de 2016 retomando na súa sede da Coruña o ciclo dedicado ás comedias dos estudios londinienses Ealing, do que xa ofrecera unha primeira entrega a finais de 2015. Neste caso, a carteleira reúne catro clásicos filmados por Robert Hamer, Henry Cornelius e Charles Chrichton entre 1949 e 1953.

Esta segunda parte das ‘Comedias Ealing’ arrancará o xoves 7 con ‘Oito sentenzas de morte’, de Robert Hamer, á que seguirán ‘Pasaporte a Pilmlico’, de Henry Cornelius, o venres 8; e ‘Ouro en barras’ e ‘Os apuros dun pequno tren’, ambas de Charles Chrichton, que se exhibirán o martes 12 e o mércores 13, respectivamente. Nos catro casos, trátase de sesións dobres con pases ás 18.00 e as 20.30 horas.

Off Galicia
No inicio desta nova programación regresan, ademais, os sábados ‘Off Galicia’, centrados na produción audiovisual galega e para os que se conta con presentacións a cargo dos directores programados. As próximas citas desta sección son as proxeccións de ‘O descubrimento de Américo’ e ‘Decalcomanía’, de Miguel Mariño (9 de xaneiro); ‘Rancor’, de Miguel Morales e ‘A liña política’, de Santos Díaz (16 de xaneiro); ‘El secreto del bosque’, de Antonio Grunfeld Rius (30 de xaneiro); ‘Os días afogados’, de César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero (13 de febreiro); e ‘Na outra beira das augas grandes’, de Xavier P. do Campo (20 de febreiro).

Ademais, os días 19 e 20 de xaneiro, o Centro Galego de Artes da Imaxe achegaralle aos espectadores a práctica totalidade da obra de Sergio Oksman, cineasta de orixe brasileira establecido desde hai anos en España. Xunto co seu filme ‘O futebol’, de actualidade pola súa gran repercusión no circuíto internacional de festivais, exhibiranse ‘Notes on the Other’, ‘A Story for the Modlins’, ‘A esteticista’ e ‘Goodbye America’.

Nesta nova temporada, o CGAI tamén lle dedicará cadanseu ciclo ao cinema español máis independente e á vangarda experimental norteamericana. Baixo o epígrafe ‘Cine español: banda aparte’, reúnense títulos que, na meirande parte dos casos, foron realizados nas marxes da industria e cuxa principal canle de difusión son os festivais e as salas alternativas: ‘A señora Brackets, a niñeira, o neto bastardo e Emma Suárez’ (22 de xaneiro), ‘O apóstata’ (26 de xaneiro), ‘Soñan os androides’ (2 de febreiro), ‘Non todo é vixilia’ (16 de febreiro) e ‘Un día perfecto para voar’ (23 de febreiro).

Obras mestras da vangarda estadounidense
Pola súa banda, ‘Ollos ávidos. Obras mestras do cine de vangarda norteamericano’ desenvolverase os xoves de febreiro para ofrecerlle ao público galego unha antoloxía comisariada polo investigador Bruce Posner e que chega á Coruña en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Trátase dunha escolma de 37 filmes recentemente restaurados que introducen as múltiples traxectorias deseñadas polo cine de vangarda nos Estados Unidos desde os anos vinte aos setenta do pasado século.

Outra das novidades desta nova programación é a estrea da nova sección Contextos, que porá en relación significativas fitas actuais con outros títulos contemporáneos ou clásicos. O programa botará a andar a finais de xaneiro con dúas das máis destacadas estreas de 2015: ‘The Assassin’, de Hou Hsiao-hsien, e ‘Phoenix’, de Christian Petzold. A primeira delas confrontarase con outras dúas aproximacións ao xénero ‘wu-xia’ asinadas por Wong Kar-wai (‘Ashes of Time Redux’ e ‘The Grandmaster’). No caso do filme de Petzold, establecerase unha conexión ambiental a través de ‘Berlín occidente’, de Billy Wilder, e outra temática con ‘Vértigo’, de Alfred Hitchcock.

Tamén se amosará unha nova colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, ‘Cinemascapes’, na que se explorará a relación entre o cinema e a paisaxe a través de proxeccións e debates. A primeira das sesións terá lugar o 5 de febreiro co pase de ‘La infancia de Iván’, de Andrei Tarkovsky, e a presentación do libro que reúne os seus escritos de mocidade.

Fóra de Serie
Esta carteleira completarase coas sección habituais como Fóra de Serie, no marco da que se proxectarán os filmes ‘Los hongos’, de Óscar Ruiz Navia (14 de xaneiro); ‘Baja marea’, de Roberto Minervini (15 de xaneiro); ‘Aguas tranquilas’, de Naomi Kawase (21 de xaneiro); ‘Un legado de humo’, de Luis Argeo e James D. Fernández (3 de febreiro); ‘Victoria’, de Sebastian Schipper (12 de febreiro), ‘Taxi Teherán’, de Jafar Panahi (19 defebreiro); e ‘Nadie lo sabrá’, de Ramón Torrado (26 de febreiro).

Ademais, CGAI Júnior proponlles dúas sesións aos espectadores máis novos con ‘El chico’, de Charles Chaplin, o 23 de xaneiro, e ‘Wallace & Gromit. La maldición de las verduras’ o 27 de febreiro, mentres que a sección Desencadres continuará afondando na obra de Stan Brakhage, do que se ofrecerá un novo programa o 6 de febreiro.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Sunday, 22 December 2024