Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrecerá 317 espectáculos

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 10747
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
10747

A programación terá lugar en 41 espazos deste circuíto, consolidado como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional

Presentouse a nova programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que ofrecerá ata xuño 317 representacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo en 41 espazos de toda Galicia. Segundo explicou, esta cifra supón un aumento de preto do 25% no número de funcións contratadas respecto ao mesmo período do ano pasado, porcentaxe que reflicte á súa vez a consolidación deste circuíto como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional.

Máis de 18.000 butacas
Jacobo Sutil, director da Agadic, e Belén Pichel, presidenta da asociación Escena Galega, acompañaron o titular de Cultura nesta presentación, durante a que tamén se fixo fincapé na celebración do vixésimo aniversario da creación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que botou a andar en 1996 co obxectivo de impulsar a distribución dos espectáculos galegos e que hoxe en día conta cunha capacidade potencial de 18.096 butacas.

Estamos a falar, pois, do principal mercado interior para as propostas escénicas galegas, que abranguen tanto montaxes de teatro, danza, novo circo e maxia, ademais de música, tanto para o público infantil como para o adulto.

Novas incorporacións
En canto ás localidades con programación, neste semestre incorpóranse á rede tres municipios: Vimianzo, que se estrea como integrante do circuíto, e Burela e Cangas do Morrazo, que regresan despois de varias temporadas sen formar parte del. Xunto con estas tres localidades, outros 34 concellos contan con actuacións en rede durante este primeiro período de 2016: A Coruña, A Estrada, A Rúa, Ames, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambados, Carballo, Cedeira, Cee, Ferrol, Foz, Gondomar, Lalín, Monforte de Lemos, Muros, Narón, Noia, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Oleiros, Ortigueira, Ourense (onde, ademais do Concello, programa tamén o Teatro Principal, dependente da Deputación Provincial), Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Tui, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Viveiro.

O carácter profesional da Rede Galega de Teatros e Auditorios é outro dos aspectos salientables, de xeito que entre os fins fixados para promover este programa están tanto favorecer o encontro entre os espectadores e artistas nas mellores condicións técnicas posibles, cunha serie de requirimentos regulados na normativa do circuíto; como a profesionalización na xestión administrativa na contratación dos espectáculos, para a que todos os axentes implicados (programadores e empresas culturais) teñen á súa disposición a plataforma en liña galescena.info.

En cartel
A nova carteleira semestral, que arrancou o pasado día 2 en Gondomar co espectáculo ‘Don Quixote, unha comedia gastronómica’ de Limiar Teatro, presenta unha ampla oferta continuada, grazas á que todas as semanas contamos con propostas escénicas para todo tipo de espectadores en diferentes puntos de Galicia. Así, esta semana a devandita montaxe de Limiar Teatro poderá verse tamén en Arteixo (venres 15, no Centro Cívico Cultural), mentres que os días 14 e 15 Berrobambán representará o espectáculo para público familiar ‘Xurdefet (Jour de fête)’ no Teatro Principal de Santiago, e o día 16 Teatro Noroeste estará no Teatro Rosalía Castro da Coruña co seu novo espectáculo, ‘Palabras malditas’; Abrapalabra Creacións Escénicas, no Auditorio Municipal de Cedeira con ‘As do peixe’; e Teatro do Morcego, no Teatro Coliseo Noela de Noia con ‘Presidente’.

Ademais destas compañías, entre as formacións contratadas durante este período atopamos nomes tan destacados como os de Entremans, AirenoAr ou Matarile Teatro en danza; Uxía e Magín Blanco, Guadi Galego, Talabarte ou Orquestra Sondeseu en música e A Panadaría, Baobab Teatro, Caramuxo Teatro, Culturactiva, Chévere, Eme2 emoción&arte, Ibuprofeno Teatro, Producións Teatráis Excéntricas, Sarabela Teatro, Talía Teatro ou Teatro do Atlántico no apartado teatral.

A Rede Galega de Teatros e Auditorios conforma xunto coa Rede Galega de Salas e a Rede Galega de Música ao Vivo a carteleira de exhibición escénica e musical máis ampla de Galicia, á que se suman ademais os diferentes ciclos que a Agadic promove no marco de eventos puntuais, como é o caso do programa ‘Cultura no Camiño’, que naceu con motivo da conmemoración do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. Estes circuítos funcionan como eixo principal na dinámica entre a creación e a exhibición dos espectáculos, que nalgúns casos actúa como motor e noutros, como complemento ou efecto do resto das accións de fomento do sector, entre as que atopamos as distintas liñas de subvencións públicas e a organización do mercado Galicia Escena PRO, entre outras.

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios pode consultarse nos webs www.cultura.gal/gl/axenda ewww.agadic.gal/Axenda.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Miércoles, 25 Diciembre 2024