Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE OFRECE ATA DECEMBRO 31 ESPECTÁCULOS

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 6476
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
6476

A programación inclúe grandes nomes da dirección e da interpretación teatral, como Magüi Mira, Tamzin Townsend, Concha Velasco, Charo López ou Silvia Marsó

O Teatro Principal de Ourense presentou hoxe a súa nova temporada de actividade, que inclúe ata finais de decembro un total de 31 espectáculos de teatro, danza e concertos de distintos estilos a cargo tanto de formacións galegas como de grandes nomes da dirección e da interpretación española.

O director da Axencia Galega das Industrais Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jacobo Sutil, participou esta mañá na rolda de prensa na que deu conta da nova programación xunto aos responsables do teatro: a directora, Olga Mojón; e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; ademais do concelleiro de Cultura ourensán, Francisco González.

O escenario ourensán, membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto para a distribución de espectáculos galegos promovido pola Xunta de Galicia, programa por esta canle as últimas creacións das compañías galegas Talía Teatro, Redrum, Teatro do Morcego, Eme2, Limiar e Caramuxo, ademais da vasca Borobil Teatroa. Estes traballos compartirán carteleira cunha variada representación de montaxes de artistas de éxito a nivel nacional, como son os casos de 'Moncho Panza', a cargo de Moncho Borrajo; 'Olivia y Eugenio', protagonizada por Concha Velasco; 'Ojos de agua', con Charo López; 'La sesión final de Freud', dirixida por Tamzin Townsend; 'La calma mágica', polo Centro Dramático Nacional e Tanttaka con dirección de Alfredo Sanzol; 'El zoo de cristal', con Silvia Marsó; 'El discurso del Rey', dirixida por Magüi Mira, ou a peza coreográfica de Cesc Gelabert 'Gelajauziak', entre outras.

O Teatro Principal completará o calendario de títulos producidos en Galicia coas montaxes 'O último dragón', un espectáculo infantil de Sarabela Teatro baixo a dirección de Fina Calleja, e 'Amigos', na que Xosé A. Touriñán, María Tasende e David Amor interpretan a obra escrita por Xavier Veiga.

Clásica, blues, folk e gospel

A programación musical brindaralle ao público distintos concertos dentro dos ciclos 'Enclave de cámara', 'Voces femeninas' e 'Blues TP', ademais do recital que o próximo 25 de setembro ofrecerá a Filharmónica de Cámara de Colonia, cun programa centrado en Vivaldi, Mozart, Puccini e Paganini, ou a gala dedicada á ópera e á canción napolitana, que terá lugar o 8 de novembro a cargo do Coro e Orquestra Sinfónica da Ópera Nacional de Moldavia.

O grupo galego Luar na Lubre sumarase o 11 de decembro a este calendario co seu espectáculo musical 'Sons da lubre nas noites de luar'; mentres que o xénero gospel tamén terá o seu oco co recital 'Singing Christmas for Ray Charles', a cargo de The Voices of Jubilation Gospel Choir o día 20 do mesmo mes. O tradicional Concerto de Nadal será o 22 de decembro coa Orquestra Filharmónica de Moldavia e Mihail Agafita á batuta.

Programación coordinada

Nesta conferencia de prensa, Sutil destacou que a carteleira presentada reflicte unha programación coordinada, diversa, ordenada, pechada e difundida coa anticipación suficiente para que todos os espectadores poidan organizar as súas axendas e acollerse, ademais, a algunha das opcións que favorece a política de prezos aplicada polo Teatro Principal. O director da Agadic detívose especialmente nas funcións cofinanciadas pola Xunta de Galicia por ser o espazo ourensán membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto que xestiona un investimento anual de máis de 1,2 millóns de euros en toda Galicia, e ao que se referiu como o principal mercado interior para a distribución profesional de espectáculos feitos en Galicia.

Así, como parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Principal de Ourense acollerá as montaxes 'Demolición', de Talía Teatro (10 de outubro); 'Noiteboa', de Redrum Teatro (7 de novembro); 'Presidente', de Teatro do Morcego (19 de decembro); 'Don Quixote, unha comedia gastronómica', de Limiar Teatro (27 de decembro); 'O Feo', de Caramuxo Teatro (28 de decembro); e 'Alí Babá y los 40 ladrones', título neste caso a cargo da compañía vasca Borobil Teatroa, co que se pechará a carteleira de 2015 o día 29 de decembro.
 

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Tuesday, 12 November 2024