Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Menu da Noite. Carlos Blanco e Luis Davila no Teatro Colón

por en Visiones
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 5064
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
5064

Espectáculo de dous grandes da retranca galega, o debuxante Luis Davila e o actor e humorista Carlos Blanco.

Cheo absoluto na primeira representación na Coruña do espectáculo máis retranqueiro que podemos atopar estes días polo país adiante.
O bo humor e as gargalladas están garantidas xa que o binomio que forman estes dous grandes artistas galegos, Carlos Blanco e Luis Davila é moi difícil de superar en termos de calidade e de cantidade.

menu da noite.Carlos blanco.jpg

A compañía AX Produccións trouxo a un recinto inigualable como é o Teatro Colón da Coruña o espectáculo Menú da Noite, que nos deleitou con case dúas horas de risotadas ininterrumpidas aderezadas cas inigualables viñetas dun debuxante extraordinario e dabondo coñecido como é Luis Davila (pronunciado como palabra grave, non esdrúxula, coma ben nos explica Carlos Blanco, aproveitando para facer unha brincadeira ao explicar que si se apelidara Lamela non habería confusión na pronunciación ...). E rápido, Luis é, sobre todo, rápido xa que bulía a debuxar como alma que leva o diaño.

Os dous amos do escenario van intercalando a imaxe gráfica que Davila executa en directo ao tempo que Carlos Blanco nos relata a anécdota que derivou en viñeta. Ah! E mentras fai o caldo, haha, que non se nós esqueza!

"Aos galegos se nos espremen sae caldo".

Incontestable, Carlos, mentres reta ao artista gráfico a facer outro debuxo en menos de 3 min, nunha competición co músico Kepa Junquera mentres este toca a txalaparta. Todo ísto sen deixar de facer rir ao público, claro.
O humorista galego é quen de satisfacer os paladares máis exixentes da retranca galega facendo múltiples alusións vacilonas ao coruñés de pro, ese de "Juan Flórez" e que únicamente utiliza "el castellano" para comunicarse. As risas foron unánimes!
E, como non podía ser doutro xeito, os dous artistas non se esqueceron de algo tan galego coma o mundo funerario, esa retranca fúnebre tan presente na cultura galega e que forma parte do día a día da nosa terra. Para mostra unha brincadeira das moitas que recopilaron de veciños e veciñas que lles mandaron as súas frases favoritas, escoitadas na casa, sobre todo ás avoas e os avós: "Unha morte fai unha limpieza moi ghrande nunha casa!".

O espectáculo remata cun grandísimo número musical interpretado en directo polos dous protagonistas, en plan musical de Broadway, acompañados polos personaxes animados saídos da creatividade de Davila. Un grande colofón para un grande espectáculo de humor.

Nada máis que engadir. Bon, si: "Queres kiwis?"

b2ap3_thumbnail_DSCF0065-opt.jpg

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Martes, 03 Decembro 2024