Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Films from Galicia viaxa ao festival Sunny Side of the DOC para promover seus documentais

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 20938
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
20938

Presentarán ‘Unha hora menos’, de Xacobe Sineiro; ‘Esquece Monelos’, de Ángeles Huerta; ‘Versogramas’, de Juan Lesta; ‘On the Edge of the Mind’, de Alfonso de la Puente; ‘We the Media’, de Héctor Carré; e ‘O legado das rías galegas’, de Jorge J. Candán

A marca ‘Films from Galicia’ estará presente por vez primeira no festival francés Sunny Side of the DOC, en La Rochelle, para promover os documentais das seis empresas que integran a misión comercial galega neste mercado especializado. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) organiza esta delegación no marco do programa de internacionalización audiovisual que mantén co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

As compañías galegas Control Z, Danga Danga Audiovisuais, Esferobite, Somadrome, Sun Lúa e TreeLine Distribution participan neste encontro, que se celebra desde mañá luns e ata o vindeiro xoves, para difundir os seus novos proxectos na procura de compradores, distribuidores e posibles socios internacionais. O seu traballo centrarase, respectivamente, na promoción de ‘Unha hora menos’, de Xacobe Sineiro; ‘Esquece Monelos’, de Ángeles Huerta; ‘Versogramas’, de Juan Lesta; ‘On the Edfge of the Mind’, de Alfonso de la Puente; ‘We the Media’, de Héctor Carré; e ‘O legado das rías galegas’, de Jorge J. Candán.

Variedade temática
Estas fitas dan conta da variedade temática (social, política, cultural, científica...) que aborda a actual produción galega de documentais e que se reflicte, así mesmo, nos 19 filmes e proxectos de non ficción recollidos no catálogo ‘Films from Galicia’, que a Agadic distribuirá entre os asistentes ao Sunny Side of the DOC desde o seu expositor no pavillón Docs from Spain. A delegación galega compartirá este gran espazo con outras 10 empresas do resto do estado e mailo ICEX do Ministerio de Economía.

Este encontro internacional de documentais, que se celebra desde 1989 na Rochelle, incorpórase así ao calendario anual de mercados no que o audiovisual galego está presenta a través das marcas ‘Films from Galicia’ e ‘Shorts from Galicia’: o MIPTV, o Marché du Film e o MIPCOM de Cannes (Francia), o Ventana Sur de Bos Aires (Arxentina) e o Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand (Francia).

No caso do festival Sunny Side of the DOC, dedicado a contidos audiovisuais de non ficción, o sector reúnese durante catro días arredor dun programa de conferencias, ‘pitchings’, sesións de visionado, presentacións e intercambio comercial centrado fundamentalmente na compra-venda de proxectos e na procura de novos socios internacionais.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Domingo, 22 Decembro 2024