Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Tanxugueiras: 'Se a lingua morre a cultura vai con ela'

por en Entrevistas
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 9621
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
9621

Como remate a este intenso mes de Marzo e ao noso especial de entrevistas adicadas ás mulleres, entrevistamos a Tanxugueiras, trío de mulleres que fan música tradicional e de raiz desde Galiza, cunha gran proxección internacional.

Tanxugueiras son Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío. Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, xúntanse Olaia, Sabela e Aida nun encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comunión musical xorden desde o primeiro minuto.

Despois de percorrer todos os palcos do país e algún internacional (Celtic Connections Glasgow), despois de poñer música a actos e encontros musicais diversos, aparecer en programas de TV como Luar, Alalá, … deciden gravar a súa ópera prima apuntando moi alto. Rodeadas de músicos moi notables dentro do panorama das musicas de raíz como Pablo Martín Jones (Coetus, Eliseo Parra, Drexler,..) ou Jaime Muñoz (La Musgaña) e cunha dirección artística do productor musical Pedro Pascual (Laio, Marful, Najla Shami, Davide Salvado, Guadi Galego, Talabarte, Pesdelán, Descarga ao vivo, …).

Esta é a entrevista que nos concederon.

 

1. Definídevos en dúas palabras.

Alegría e verdade.

 

2. Onde vos atopades máis cómodas, creando novos temas ou versionando música tradicional?

A responsabilidade de darlle a nosa visión a música tradicional é algo que nos motiva moito pero tamén é algo que nos da moito respecto. Valoramos a nosa música e todos os arranxos facémolos con moito coidado, pero temos que recoñecer que nos atopamos moi cómodas realizando esa tarefa.

Aínda non xurdíu o de crear temas novos, pero atopámonos nun momento en que si que nos plantexamos facelo.

 

3. Como xurdiu Tanxugueiras?

Tanxugueiras xurde case sen sabelo e sen pretensións de ningún tipo, simplemente con ganas de tocar e cantar a nosa música nos seráns. Olaia e eu, Sabela, somos irmás polo tanto levamos toda vida cantando xuntas, a Aida coñecímola nunha foliada, recordamos ese momento como algo máxico, as nosa voces empastaron coma se nos coñecésemos de toda a vida.

 

4. Como vedes a situación da cultura galega en xeral?

A situación da cultura galega vémola en perigo de extinción, dende o momento en que as institucións crean un debate sobre a nosa lingua e impoñen leis absurdas coa pretensión de acabar con ela. Cada vez hai menos nenas e nenos falandoa e parécenos subrrealista falar de cultura galega cando o noso idioma está a morrer polo tanto tamén está a desaparecer a nosa identidade coma pobo. Se a lingua morre a cultura vai con ela.
 

5. Que pensades vós que debemos facer a xente da rúa a cotío para promover a nosa cultura?

En primeiro lugar é necesario falar en galego, consumir música e libros no noso idioma e por último e non menos importante á par que preocupante perder ese complexo absurdo polo noso.

 

6. Vendo a boa acollida da “selección galega” da que formastes parte xa varias veces no Celtic Connections de Glasgow, e dos galardóns que recibe en xeral a música galega polo mundo adiante, pensades que a nosa cultura está máis valorada fóra?

Polo xeral iso sempre sucedede, valórase mais o de fóra que o que temos na casa. A música tradicional galega ten moi boa acollida fora, valórana, consúmena e sobre todo teñen un respecto brutal hacia ela. Cremos que se ten que dar mais visibilidade tanto nos medios coma na prensa sobre a proxección que ten fora das nosas fronteiras. Hai moitos grupos galegos xirando internacionalmente, levando a nosa música fóra pero iso non chega aquí, polo tanto deberíase facer un pouco de autocrítica e pensar que é o que está a suceder nos nosos medios públicos.

 

b2ap3_thumbnail_Tanxugueiras_tuplace2.jpg

7. Vivir da música en galego, quimera ou realidade?

Ámbala dúas. Está claro que os que facémos música en galego témolo mais difícil, pero tamén temos que recoñecer que a Tanxugueiras por sorte e despos de moito traballo estámos a vivir da música, sen luxos e con moito esforzo.
 

8. A muller é referente na vosa música. Tentades recoller a forza das mulleres de antes e transmitirlla ás xeracións vindeiras?

Si. Cremos que unha das características da música de raíz é a forza que lle poñían cando cantaban. Para cantar e contar o que facían é necesario facelo dende as entrañas, sentir esas historias, esa coplas que nacían dende o mais adentro dos seus corazóns.
 

9. O concerto ou actuación máis especial para Tanxugueiras. Por qué?

Todos os concertos que fixemos ata agora foron especiais por algo, pero si temos que quedarnos con algún, quedámonos coa viaxe a INDIA, toca en Rajhastan foi unha das experiencias máis enriquecedoras que tivemos ata o día de hoxe. Alí viven a súa música como se fose algo máxico, téñen unha conexión moi bonita con ela.
 

10. Contádenos algún proxecto de futuro. En que andades a traballar?

Andamos a traballar no noso segundo disco. É o proxecto mais bonito e mais importante que tivemos ata agora, nós mesmas ímos a facer todos os arranxos das pezas dándolle unha visión moi nosa a cada unha delas, estámos a poñerlle todo o noso corazón e todo o noso amor.

Neste segundo traballo veráse unha evolución do grupo, unha madurez e un empoderamento como muller, deixando atrás medos e complexos absurdos. Será 100% Tanxugueiras.


 

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 21 Novembro 2024