Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Lorena Conde gaña con “Entullo” o XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 7820
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
7820

A actriz, dramaturga, directora, escenógrafa e atrezzista, Lorena Conde é a gañadora do XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña co seu libro "Entullo".

A obra de Lorena Conde impúxose na decisión do xurado entre os 85 libros presentados, unha cantidade sensibelmente superior á anterior edición.

Un xurado composto por Pilar Pallarés, Lucía Aldao, Marga do Val, Anton Lopo e Gonzalo Hermo, presidido pola vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín coa xefa de servizo, Mercedes Fernández-Albalat, como secretaria, decidiu, por maioría, escoller o libro "Entullo", de Lorena Conde Martínez, presentada co lema K.Blum, como gañador do XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña.

O xurado valora na obra premiada a "orixinalidade na construción das imaxes e no tratamento do tema: a visión do corpo como espazo de reconstrución, nun proceso de degradación física e emocional".

Lorena Conde (Pontesampaio, 1980), é actriz, dramaturga, directora, escenógrafa e atrezzista. Iníciase no teatro universitario primeiro como actriz e despois como directora. Desde 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas.

Desde o ano 2000 dirixe varias compañías de teatro amador (Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, Farrapo Teatro) para as que adapta e/ou escribe e pon en escena máis dunha decena de espectáculos, gañando diversos premios como directora e dramaturga.

Desde 2013 é cofundadora de Matrioshka Teatro -compañía profesional gañadora de varios premios María Casares,- na que traballa como deseñadora, actriz e para a que escribe, o seu espectáculo Manawee.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 15 Abril 2021