Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

iFala bota a andar co impulso de Ora Galega e Cultura da Deputación da Coruña

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 5880
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
5880

Co obxecto do Centenario das Irmandades da Fala, un autobús cunha exposición, un aplicativo móbil para Iphone e Android, e unha páxina Web, fará un percorrido pola nosa xeografía

Asi mesmo, unha canción interpretada por un amplo grupo da nova creación galega -Poetarras, De vacas, Sés, Isabel Risco, Leo, David Amor, entre outros e outras- son as ferramentas das que Ora Galega e a área de Cultura da Deputación da Coruña botan man para difundir o legado das Irmandades da Fala no seu centenario.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, e Elvira Souto, Carlos Quiroga e Moncho do Orzán por Ora Galega presentaron este venres o proxecto iFala na Dársena da Coruña, primeira parada da rota que emprende esta iniciativa itinerante que percorrerá cidades e vilas do país espallando a "dimensión e a modernidade" das Irmandades da Fala.

"A mostra reproduce a historia desde unha perspectiva moderna e innovadora, dando mostra de que o legado das Irmandades está vixente e pode interesar tamén á xente nova. Os vídeos elaborados por persoas do noso mundo creativo contaxian o mesmo entusiasmo que levou a súa creación hai cen anos", sinalou Goretti Sanmartín na presentación en que parabenizou Ora Galega polo deseño do proxecto. Fixo tamén un chamamento á cidadanía para que acuda ao autobús que, sen dúbida, ten a vontade de "chamar a atención e facer que a veciñanza se achegue a nosa historia e descubra que as Irmandades son algo vivo e que, como di a lenda do proxecto, hai fala", sinalou.

Por parte de Ora Galega, entidade que promoveu a declaración de 2016 como Ano das Irmandades, Moncho do Orzán insistiu na "teima de que as Irmandades tiñan que conmemorarse en todo o país. A exposición ofrece unha liña do tempo desde os Mártires de Carral até o golpe de 1936 cunha información básica que se pode completar no aplicativo e na páxina de iFala". O autobús ábrese na Coruña e a iniciativa incluirá ademais da exposición un programa de actos con lectura de textos e música. Elvira Souto destacou a colaboración de asociacións e outras entidades que contribúen de distintas maneiras á materialización do proxecto, desde a cesión de libros até a organización de eventos nas distintas cidades e vilas.O escritor e profesor Carlos Quiroga rematou as intervencións destacando que iFala "fai xove algo que ten un século mais mostra unha vixencia alucinante. Ficamos nós mesmos emocionados co produto", defendeu.

O domingo o autobús dirixirase a Betanzos para visitar Ferrol o 28 de maio e Santiago o 9 de xuño dentro da provincia da Coruña. Lalín, Lugo, Ponteareas, Pontevedra, Ribadeo, Vilagarcía de Arousa e Viveiro serán outras das citas do proxecto itinerante iFala.

Asociacións, editoriais e outras entidades colaboran na iniciativa, entre elas, a Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Cultural Auriense, Ourense, Asociación Cultural Vagalumes, A Estrada, Asociación Francisco Lanza, Ribadeo, Asociación Pensamento e sementeira, Viveiro, Asociación Roxin Roxal, Betanzos, Asociación Socio-Pedagóxica Galega , Confederación Intersindical Galega, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Editorial SEPT, Instituto de Estudos Miñoranos, Ir Indo Edicións, Mesa pola Normalización, Seminario de Estudos Chairegos, Vilalba e Sociedade Cultural Medulio, Ferrol

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Sábado, 21 Decembro 2024