A actriz, dramaturga, directora, escenógrafa e atrezzista, Lorena Conde é a gañadora do XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña co seu libro "Entullo".
A obra de Lorena Conde impúxose na decisión do xurado entre os 85 libros presentados, unha cantidade sensibelmente superior á anterior edición.
Un xurado composto por Pilar Pallarés, Lucía Aldao, Marga do Val, Anton Lopo e Gonzalo Hermo, presidido pola vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín coa xefa de servizo, Mercedes Fernández-Albalat, como secretaria, decidiu, por maioría, escoller o libro "Entullo", de Lorena Conde Martínez, presentada co lema K.Blum, como gañador do XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña.