Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Xabier Díaz: "A cultura galega é un grande laboratorio cheo de ideas"

por en Entrevistas
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 10499
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
10499

Continuamos a nosa sección de entrevistas no blogue de TuPlace co grande músico Xabier Díaz, co gallo da publicación do seu novo disco "The Tambourine Man", no que contou ca colaboración das marabillosas Adufeiras de Salitre.

Xabier Díaz (A Coruña, 22 de agosto de 1969) compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo editou Coplas para Icía (2007) coa participación a Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que realizou os espectáculos Alento, Engado e Tradicción que xiraron pola península ibérica.

Entrou a formar parte do grupo Berrogüetto, onde participou dende comezos do 2008 ata este mesmo ano no que a banda anunciaba a súa disolución. Nestes anos gañou coa banda un Premio da Academia da Música á mellor canción en Galego (2011), así como o premio ó mellor grupo de Música Folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Codax neste mesmo ano 2014 así como o premio á mellor banda sonora da película Inevitable (2013) nos premios Mestre Mateo.

Participou con Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto.b2ap3_thumbnail_fotoInicio_ConAdufeiras.jpg

Ao longo da súa carreira compre destacar numerosas colaboracións en discos e concertos, con diversos artistas e formacións como Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera, Uxía, Xosé Manuel Budiño… Ten tocado en latitudes tan diferentes como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia ou Perú…

Ven de publicar un novo disco en solitario no ano 2015, "The Tambourine Man", un proxecto tremendamente ambicioso, con 12 cantoras e percusionistas tradicionais mais un set de acordeón e zanfona, polirritmias, melodías populares filtradas pola súa propia e singular maneira de reinterpretar a tradición, un traballo de renovación da música popular galega e que vai engadir un enfoque vangardista e diferenciado da mesma.

A fináis dos anos 80, Xabier Díaz comezaba a súa laboura de campo de recollida de cantigas como afeccionado. Facíao nas cintas de casete e vídeo VHS. Foi ese o xermolo este novo disco. O álbum recopila o traballo de dous anos e medio nos que contou coa total colaboración dun gran descubrimento, As Adufeiras de Salitre, unha agrupación de xóves voces e percusionistas, que foran súas alumnas.

1. Defínete en dúas palabras.

Músico Popular

2. ¿En qué faceta da súa vida artística se atopa Xabier Díaz máis cómodo? ¿Como músico, cantante, compositor, compilador do folclore galego...?

Nunha síntese de todas.

3. ¿Cómo ves a situación da cultura galega en xeral?

Na creatividade un grande laboratorio cheo de ideas que agroman sen pausa, en tódolos xéneros, outra cousa é a presenza, a exportación ou a relación coas canles de   venda/difusión… nese ámbito é deficitaria.

4. ¿Qué é o que che namora da música tradicional galega?

Todo, recoñézome nela, así medrei… é o meu medio de expresión.

5. Despóis de tantos anos e unha traxectoria chea de éxitos interpretando música do país, ¿qué fai especial este último traballo “The Tambourine Man”?

Está feito dende a honestidade, é o disco que quería fecer neste momento, no profesional representa un punto de inflexión, emprender un novo camiño.

6. ¿Qué che aportaron Adufeiras de Salitre?b2ap3_thumbnail_fotofinal_con_Adufeiras.jpg

Alegría, ilusión e unha sonoridade na que me sinto cómodo, é familiar para min.

 7. ¿Qué instrumento, de todos os que toca Xabier Díaz, levaría a unha illa deserta?

Unha pandeireta.


COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que che pete ;)

Somos deste tempo e procuramos vivir a música popular dende esa atalaia.
Temos todo por facer…

 

 

 

 

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Capra Aegagrus Hircus (Muiñeira do Cañizo)

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Martes, 12 Novembro 2024