Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

VÍA LÁCTEA FILMES INICIA NA RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO A RODAXE DE ‘SICIXIA’

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4490
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4490

O Concello da Estrada acolleu a presentación do comezo da filmación desta longametraxe, que contará unha historia de amor e desamor a través da escoita dos sons da Costa da Morte e doutros lugares galegos

A produtora galega Vía Láctea Filmes presentou hoxe na Estrada o inicio da rodaxe da súa próxima película, ‘Sicixia’, que arrancará esta fin de semana coa toma de imaxes durante a celebración da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no financiamento desta nova longametraxe que dirixirá Ignacio Vilar.

Despois do éxito que supuxo a adaptación cinematográfica de ‘A esmorga’, Vía Láctea acomete en ‘Sicixia’ unha historia de amor e desamor situada na Costa da Morte, que toma como título o termo astronómico que se refire ao momento no que se aliñan os centros do Sol, da Terra e da Lúa.

No filme, protagonizado polos intérpretes galegos Monti Castiñeiras, Marta Lado, Sonia Castelo e Tamara Canosa, o rexistro dos sons propios de Galicia terán unha importancia especial, xa que a través deles se escoitará e se amosará a vida na  Costa da Morte galega. Malia centrarse nesa zona do litoral galego, ‘Sicixia’ recollerá escenas doutras localidades da nosa xeografía, como é o caso da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, celebración popular que será o especial escenario do inicio os traballos de rodaxe, ata o luns 6 de xullo.

O proxecto, que chegará previsiblemente ás pantallas a finais de 2016,  obtivo en 2014 unha subvención de 260.000 euros no marco das axudas á produción e coprodución audiovisual que convoca a Agadic, dentro da categoría concreta dedicada a longametraxes cinematográficas. O director da Agadic, Jacobo Sutil, interveu por este motivo na presentación do inicio da rodaxe que se levou a cabo este mediodía na Casa do Concello da Estrada, acto no que tamén participaron o alcalde José López Campos, o director Ignacio Vilar, e parte do equipo actoral e técnico de ‘Sicixia’.

Foto: diario.es

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Friday, 13 December 2024