Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

UN TOTAL DE 43 PRODUTORAS E EDITORIAIS PARTICIPAN NO PROGRAMA ‘FIRMA E FILME’

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4911
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4911

A Agadic, que promove esta iniciativa en colaboración coa Agapi e a AGE, recibiu 52 propostas para levar ás pantallas outros tantos libros de diferentes xéneros e estilos

O programa ‘Firma e filme’ da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) espertou o interese de 43 empresas audiovisuais e editoriais galegas, que formalizaron xa a súa participación neste proxecto para promover a adaptación cinematográfica ou televisiva de obras literarias galegas. A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE) colaboran tamén na iniciativa, para a que se recibiron un total de 52 propostas para levar ás pantallas outros tantos libros de diferentes xéneros e estilos.  

Tras a boa acollida desta convocatoria, á que responderon un total de 25 produtoras audiovisuais e 18 editoriais, a Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciará agora un proceso de análise de guión e informe de todos os textos recibidos cara a avaliar as súas posibilidades de adaptación audiovisual.

Reunións executivas en Culturgal

Unha vez concluída esta fase, poranse en común coas diferentes empresas audiovisuais inscritas aqueles títulos que mellor encaixen cos seus intereses e proxectos actuais. O obxectivo é organizar unha axenda final de reunións bilaterais executivas entre as empresas de ambos os sectores no marco de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, que terá lugar do 4 ao 6 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

‘Firma e filme’ nace co fin de poñer en valor dous importantes ámbitos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que busca impulsar unha maior presenza da literatura galega tanto na pequena como na gran pantalla. Para confirmar a súa participación no programa, as editoriais tiveron que cumprimentar unha solicitude por cada obra achegada na que indicaron o seu xénero, o grupo de público potencial e o formato proposto para a súa versión audiovisual. Pola súa banda, as produtoras rexistradas sinalaron o formato no que teñen interese, os seus xéneros preferentes e máis o grupo preferente de espectadores ao que buscan dirixirse.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Thursday, 12 December 2024