Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form
16448

Inclúese un portal específico dos Premios de Teatro María Casares, cunha ampla base de datos e unha ferramenta de votación en liña que se empregará na próxima convocatoria destes galardóns

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) acaba de renovar a súa páxina web e o seu catálogo en liña coincidindo co seu trixésimo aniversario, efeméride que celebra tamén coa creación dunha ampla base de datos dos Premios de Teatro María Casares e dunha ferramenta de votación en liña que se empregará na próxima convocatoria destes galardóns.

Continue reading
0
4263

A Axencia Galega das Industrias Culturais recibiu 52 propostas de libros para levar ás pantallas, que foron estudados por analistas de guión cara á organización de xuntanzas entre compañías con intereses comúns.

Os representantes de 27 empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial daranse cita o vindeiro domingo 6 de decembro en Pontevedra, no marco de Culturgal, para participar na última fase do programa ‘Firma e filme’. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou para esa xornada máis de 50 reunións un a un entre compañías con intereses comúns na procura de novos proxectos de adaptación audiovisual de obras literarias galegas.

Continue reading
0
3965
Dende Teuplace lamentamos profundamente o pasamento esta mañá do escritor Xosé Neira Vilas, referente único do orgullo e da identidade galega e símbolo, a través do seu ‘Balbino’, de varias xeracións. A figura do intelectual quedará honrada na historia da nosa Comunidade a través da súa obra, así como dos recoñecementos recibidos en vida, entre os que cómpre destacar a Medalla de Ouro de Galiza que lle foi outorgada este mesmo ano. Neste sentido, tamén cómpre lembrar que o pasado ano 2014 recibiu o Premio da Cultura Galega, ademais de ser recoñecido coa Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e...
Continue reading
0
4904

Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Secall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres gratuítos en diferentes datas ata o 18 de decembro.

O Centro Coreográfico Galego pechará o programa formativo que está a desenvolver na súa sede da Coruña durante este ano 2015 cunha oferta de catro novos cursos de danza clásica. Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Sacall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres, de carácter gratuíto, que se desenvolverán en diferentes datas ata o 18 de decembro.

Continue reading
0
15060

Os galegos Xabier Díaz e Fernando Barroso incorpóranse a este laboratorio de creación musical colectiva no que tamén se integran artistas de Escocia, Gales, Arxentina e Uruguai.

A Xunta de Galicia forma parte do programa Nexo, impulsado polo British Council e Wales Arts International como laboratorio de creación musical colectiva para a interacción cultural entre Europa e América a través da posta en común de tradicións e linguaxes musicais de Galicia, Gales, Escocia, Arxentina e Uruguai.

Ademais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se integra no proxecto mediante a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), tamén colaboran nesta iniciativa Creative Scotland (Reino Unido) e Fundación SGAE.

Continue reading
0
11672
Acordo histórico entre a AELG, a AGE e a Federación de Librarías de Galicia para a convocatoria conxunta e unitaria dos premios do sector do libro galego. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia convocan a Gala do Libro Galego 2016. Un evento que representa un acordo histórico no sector literario galego, ao confluír desde agora nuns únicos galardóns os premios convocados anteriormente de forma separada por cada unha das tres organizacións. Desde hai anos viñan convocándose os premios literarios da AELG coa súa...
Continue reading
0
4239

Cinema, escena e lectura, protagonistas do stand de Cultura no Culturgal 2015.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, participaron hoxe no acto de presentación da oitava edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que se celebrará en Pontevedra os vindeiros 4, 5 e 6 de decembro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O representante do departamento de Cultura da Xunta –que estivo acompañado polo presidente de Culturgal, Manuel Bragado; polo director da Feira, Xosé Aldea; polo deputado provincial de Cultura, Xosé Leal; e pola concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro– definiu esta feira como “un auténtico motor cultural” que se consolida ano tras ano, así como “un escaparate da nosa identidade”.

Continue reading
0
4303

 O volume, con edición física e dixital, acompáñase dun vídeo promocional a través do que tamén se busca difundir Galicia como escenario de rodaxe, así como a calidade artística e técnica do noso sector audiovisual.

O XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) foi hoxe o escenario da presentación do novo catálogo 'Films from Galicia' 2016, editado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través da Agadic– co obxectivo de promover a  produción cinematográfica e televisiva galega nos principais mercados internacionais do sector.

Participaron nesta presentación o director da Agadic, Jacobo Sutil; a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias, e a directora do OUFF, Nora Sola. Jacobo Sutil foi o encargado de debullar as principais características desta publicación, que reúne información dun total de 57 títulos de cinema e televisión e para a que se conta coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a través do programa de promoción internacional do audiovisual galego que manteñen ambas as entidades.

Continue reading
0
4597

O Auditorio de Galicia acollerá a novena edición do encontro, no que participarán músicos de Arbo, Barro, Lalín, Moaña, Mos, Oleiros, Outeiro, Rábade, Begonte, Padrón, Ribadumia, Silleda, Valga e Vigo.

Doce formacións competirán nas tres seccións a concurso do IX Certame Galego de Bandas de Música, que se desenvolverá os 21 e 22 no Auditorio de Galicia, en Santiago. A Federación Galega de Bandas de Música Populares organiza esta novena edición do evento, para o que conta co apoio económico da Consellería de Cultura e Educación.
 
O conselleiro Román Rodríguez e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participaron hoxe na presentación do programa, na que tamén interviñeron Armando Morales, presidente da FGBMP, e Jacobo Sutil, director da Agadic. Román Rodríguez incidiu na liña de colaboración emprendida entre estas dúas últimas entidades, que este ano se materializou nunha achega de 70.000 euros por parte da Xunta de Galicia para impulsar dúas das principais actividades desenvolvidas pola Federación, que agrupa 90 formacións e 6.235 músicos de toda Galicia: o Certame Galego de Bandas de Música e o Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica.
Continue reading
0
25843

O encontro, que se inaugura o 14 de novembro coa estrea de ‘Lobos sucios’, de Simón Casal, desenvolverase ata o día 22 en catro espazos da cidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que proxectará máis de 30 películas do 14 ao 22 de novembro en catro espazos da cidade e incorpora, entre outras novidades, un encontro de coprodución entre Galicia e Portugal organizado pola Agadic.

Promovido polo Concello de Ourense co obxectivo de contribuír á difusión en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de dar visibilidade á produción audiovisual galega, o OUFF 2015 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica a través dunha competición oficial á que este ano concorren dez películas (‘Dark Horse’, ‘Teito e comida’, 'Killing Time', 'The Sinking of Sozopol’, ‘Brindgend’, ‘A vida despois’, ‘A noiva’, ‘Bambanti’, ‘O comezo do tempo’ e ‘A decisión de Julia’), con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos na nosa Comunidade ou á exhibición de documentais.

Continue reading
0