Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O PROGRAMA DA 9º FEIRA CULTURGAL CONTARÁ CON MÁIS DE 120 ACTIVIDADES

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4323
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4323

Presentouse en Pontevedra a edición que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura para dar conta tanto das manifestacións artísticas que conforman o panorama cultural galego como dos novos xeitos de traballar neste ámbito

A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, fixo pública hoxe a programación da súa novena edición, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro. Serán máis de 120 actividades, tanto profesionais como para o público xeral, a través das que se buscará dar conta do dinamismo deste sector en Galicia, así como dos novos xeitos de traballo en comunidade en diferentes ámbitos artísticos.

‘Cultura, comunidade, futuro’ é o lema de Culturgal 2016, que congregará 99 empresas e entidades expositoras no seu recinto feiral. Arredor del desenvolverase a meirande parte das actividades programadas nos chamados espazos Foro, Libro, Infantil, Carpa e Cine. O Auditorio do Pazo da Cultura acollerá, así mesmo, tres espectáculos especiais protagonizados por SonDeSeu (venres 2, 21.30 h), Budiño (sábado 3, 21.30 h) e María Fumaça (domingo 4, 12.00 h).

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), asistiron a esta presentación xunto con Anxos Riveiro, concelleira de Cultura de Pontevedra; Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación Provincial; Manuel Bragado, presidente da Asociación Culturgal; e Xosé Aldea, director da feira, ademais dos representantes das entidades profesionais que agrupa a devandita asociación.

Foco de atención social Na súa intervención, o secretario xeral de Cultura explicou que a Xunta vén apoiando esta Feira das Industrias Culturais co “convencemento de que necesitamos estes focos de atención social e de espazos compartidos para a proxección e a visibilidade da produción cultural galega e das nosas industrias culturais”.

Destacou tamén “a aposta pola idea de cultura e creatividade como selo imprescindible para o desenvolvemento social” e, neste mesmo sentido, afirmou que “Culturgal non é exclusivamente unha feira de vertente profesional, senón tamén unha feira cunha intención de chegada da actualidade creativa de Galicia ao conxunto da cidadanía, cun éxito de formato xa constatado”.

Ademais, a consellería contribuirá á programación de Culturgal 2016 con algunhas propostas vinculadas ás actividades do departamento. En concreto, avanzou a presentación de novas iniciativas, como o programa Nortear de colaboración cultural entre Galicia e o Norte de Portugal. E, dirixidas á xente miúda, o stand da Xunta acollerá o sábado dúas propostas vencelladas ao programa de dinamización lingüística FalaRedes: a presentación do novo videoclip ‘A cidade’, co que Uxía e Magín Blanco completan a homenaxe a Manuel María do proxecto ‘Canta o cuco’, no marco da programación Letras Galegas 2016, e tamén a visita da familia Bolechas.

A Asociación Culturgal, da que forman parte catro asociacións profesionais –Escena Galega, Eganet, Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)– que representan máis de 150 empresas do sector, encárgase cada ano da organización desta multitudinario evento, para o que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial.

Encontros profesionais Ademais dos concertos e das presentacións de libros, películas e outros produtos culturais, abertos ao público xeral e cun apartado específico parta a oferta infantil, Culturgal conta tamén cunha oferta profesional como escenario para o debate, o diálogo e a procura de acordos. Así, o venres 2 Escena Galega organiza un encontro sobre as redes públicas de artes escénicas, para o que se contará coa participación do director da Agadic e de representantes de Cataluña e Portugal, mentres que a Agapi convoca para ese mesmo día unha xornada baixo o título ‘A que modelo de televisión pública aspiramos’.

En Culturgal 2016 haberá tamén lugar para a arte contemporánea a través da exposición ‘Pegadas na terra’, na que 18 artistas galegos amosan diferentes vías de se achegar á natureza. Paula Cabaleiro e Antón Sobral son os comisarios desta mostra que agrupa escultura, instalación, fotografía, vídeo, pintura e debuxo.

0
Etiquetado en: Culturgal Programación 2016

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024