Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O CGAI achégase ao documental arredor da Revolución cubana

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4530
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4530

Xunto con pezas que constitúen un manifesto visual irrepetible, proxectarase unha escolma de filmes realizados en Cuba por cineastas estranxeiros durante este período

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia o ciclo ‘Por un cine imposible. Documental e vangarda en Cuba (1959-1972)’, que centrará as proxeccións que se desenvolverán na súa sede da Coruña os martes e mércores ata o 14 de decembro. Programado en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, así como coa Cinemateca de Cuba, este especial reúne 38 títulos a través dos que se afondará no movemento documental cubano arredor da Revolución, que deu pé a un manifesto visual irrepetible.

O profesor e documentalista londiniense Michael Chanan é o comisario desta escolma, que arranca o 15 de Novembro ás 20.30 horas cunha sesión dedicada aos primeiros anos tras a chegada do movemento revolucionario ao poder. Inclúese aquí un dos ‘noticieros’ semanais do cineasta cubano Santiago Álvarez, coñecido como o Dziga Vertov, e figura central deste ciclo.

O recurso da metraxe encontrada

Nestes ‘noticieros’, Álvarez conecta os diferentes temas a través dun discurso político ou os converte en documentais monográficos que logo continúa en filmes máis extensos. Son, ademais, unha escola para os novos cineastas, onde se lles aprende a crear películas de xeito rápido e barato, aproveitando os materiais dispoñibles. Así, a metraxe encontrada ou ‘found footage’ convértese axiña nun recurso popular entre os documentalistas.

O ciclo propón un percorrido cronolóxico e temático polo documental cubano deste período, baixo os seguintes subtítulos: ‘Comezos’ (martes 15, 20.30 h), ‘Batallas’ (mércores 16, 18.00 h), ‘Longas loitas’ (mércores 16, 20.30 h), ‘Mulleres’ (martes 22, 20.30 h), ‘Alleos’ (mércores 23, 18.00 h), ‘Lente ancha’ (mércores 23, 20.30 h), ‘Perspectivas 1’ (martes 29, 20.30 h), ‘Terceiro mundo’ (mércores 30, 18.00 h), ‘Santiago Álvarez’ (mércores 30, 20.30 h), ‘Culturais’ (martes 23 de decembro, 20.30 h), ‘Perspectivas 2’ (mércores 14 decembro, 18.00 h) e ‘Perspectivas 3’ (mércores 14, 20.30 h).

Así, esta programación recolle o nacemento dun novo cine cubano a partir da chegada do movemento revolucionario ao poder, en que o documental xoga un papel primordial. Un dos seus teóricos será Julio García Espinosa, de quen o mércores 30 se exhibirá ‘Tercer mundo, tercera guerra mundial’, rodada en Vietnam en 1968 e unha das películas máis destacadas do ciclo como exemplo desta corrente experimantal. No seu manifesto ‘Por un cine imperfecto’, García Espinosa defende precisamente as imperfeccións deste tipo de cinema de urxencia e de baixo orzamento, confrontándoo co brillo das grandes producións cinematográficas que, desde o seu punto de vista, anulaban e cousificaban o público.

A pesar de que non conta coas novas cámaras de 16mm, que na década dos sesenta favorecen a estética do cine directo e do ‘cinéma verité’, o audiovisual cubano experimenta un aumento de proxectos e de cineastas que saen á rúa para narraren a actualidade e o contexto cambiante que os rodea.

Como contrapunto, ‘Por un cine imposible. Documental e vangarda en Cuba’ inclúe unha selección de filmes realizados na illa por cineastas estranxeiros chegados durante os primeiros anos da Revolución: desde Joris Ivens, quen acepta un convite do propio Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC), ata Chris Marker e Agnès Varda, que rodan por decisión propia testemuños puntuais de solidariedade.

A programación completa, así como a información sobre os horarios e a billeteira, pode consultarse na web www.cgai.gal

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Thursday, 21 November 2024