Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

A terceira edición do Lingua Viva estará adicada a Manuel María

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4988
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4988

O prazo de inscrición nos obradoiros ábrese o vindeiro xoves 14 de abril e rematará o 21 de abril, comezando os obradoiros o luns 25 de abril

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do Lingua Viva, un proxecto da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xunto a el estivo tamén Paloma Lugilde, coordinadora do proxecto e directora do grupo de teatro lucense Palimoco Teatro, así como algúns e algunhas das integrantes do mesmo.

O proxecto Lingua Viva contempla obradoiros de teatro e danza, e é, tal e como expresou Ferreiro "un proxecto aberto, anovador e flexible co que queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia" dixo.

Obradoiros de teatro e danza para todos os públicos, en horarios adaptables

Neste sentido, desde a Área de Cultura da Deputación informaron que o prazo de inscrición ábrese o xoves 14 de abril e rematará o xoves 21 de abril, incluído. As persoas que desexen participar poden informarse das datas e horarios na Área de Cultura da Deputación de Lugo e deberán inscribirse no rexistro da Deputación, cubrindo o formulario que estará a disposición do público na web v1deputacionlugo.gal, chamando ao 982-260-180 ou no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Haberá obradoiros de teatro e danza para todas as idades, para nenas e nenos desde os 8 anos e para público adulto de todas as idades, comezando o 25 de abril que se prolongarán durante o mes de maio, ata o 17 de maio. Así mesmo, destaca tamén o feito de que haberá un grupo de traballo específico co grupo de teatro amador Down Lugo.

A representación da peza final que xurda dos obradoiros de Lingua Viva terá lugar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 21 horas en diferentes puntos do casco antigo de Lugo. Así mesmo, desde a Área de Cultura non descartan que esta peza final poida moverse a outros puntos da provincia de Lugo "habida conta da calidade e bo facer coa que conta o proxecto Lingua Viva, proba disto é o éxito das edicións pasadas, que este ano agardamos siga a medrar en número de participantes e tamén, xa que logo, en representacións" dixo Ferreiro.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 21 Novembro 2024