Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

"A música amorosa das palabras" Concerto clausura do ano Manuel María no Teatro Colón da Coruña

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 8177
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
8177

O pasado 15 de decembro celebrouse no Teatro Colón da Coruña o concerto que pecha as homenaxes ao gran poeta galego Manuel María.

O poeta chairego é a quen foi  adicado este ano o Día das Letras. “A música amorosa das palabras” clausura os actos que tiveron lugar perante estes doce meses, mais non da por finalizado o espallamento da súa obra que leva a cabo, dun xeito fermoso e incansábel, a Fundación Manuel María, organización encargada de achegar a súa obra a todos os recunchos do país. Esta entidade ten o obxectivo de manter a memoria e o legado do poeta chairego, así como a súa investigación e divulgación.

Déronse cita artistas de luxo coma Uxía, que interpretou varias cancións do seu álbume “Uxía canta a Manuel María” onde pon música e voz aos poemas do autor e estivo acompañada por Sérgio Tannus, Santi Cribeiro e Paulo Silva. Tamén subiron ao escenario Xabier Díaz e Guillerme Fernández, que interpretaron máis poemas musicados.

O público completamente entregado abarrotaba o Teatro e non deixou de corear e de aplaudir a rabiar durante todo o concerto que tivo o seu punto álxido cando Uxía e os músicos baixaron ao patio de butacas a facerlle homenaxe a Saleta Goi. Un xesto que, sen dúbida, pervivirá na súa lembranza e na de todas as presentes.

GALERÍA DE IMAXES

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 21 Novembro 2024