Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

III Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 9629
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
9629

Moita xente se deu cita un ano máis para homenaxear a Manuel María na Carballeira de Santa Isabel

Outeiro de Rei, 9 xullo 2016

De novo gran éxito de convocatoria na 3ª edición do Convivio da Cultura Galega na fermosísima Carballeira de Santa Isabel á beira do pai Miño. Unha xornada de festa arredor da cultura do País que encheu de xente esta paraxe incomparábel. A Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo, de Rábade-Begonte e a Banda de Música e Coro de Asoción Cultural e Musical Solfa interpretaron diversas pezas con especial protagonismo das meniñas e meniños que disfrutaron a tope.

Polo serán houbo Foliada e puidemos desfrutar da fermosa voz de Uxía, que fixo repaso dentro do seu repertorio das cancións do seu disco “Uxía canta a Manuel María”. Non faltou o tema “Rosa Namorada” baseada no poema de Manuel María “A terra faise en ti” adicado polo poeta á súa compañeira Saleta Goy, e que Uxía lle adicou en directo.

Antes actuou Xoán Padín que interpretou ca guitarra, ao estilo máis Eddie Vedder, dous temas baseados en poemas do escritor da Terra Chá. Tampouco faltaron as Cantareiras.Contigo, pandereteiras da Asociación Veciñal da Agra do Orzán da Coruña que participaron na foliada aberta xunto con outr@s músic@s.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 21 Novembro 2024