Consellos

 

Espacio reservado para  consellos, onde axudaremosche a acadar o máximo proveito de TUPLACE.ES

Se precisas que o teu evento chegue a máis xente, tes a opción “partillar por”, que permiteche partillar o evento  nas diversas redes sociais e de mensaxería online.

Cando esteas a inscribir varios eventos semellantes, ou o mesmo evento en distintos sitios ou datas, tes a opción “Duplicado”, que che facilitará dabondo a tarefa.

Revisa cando remates de crear ou editar o evento. Cando rematas, revisa tamén o mapa que aparece co emprazamento.


Ás veces o procurador ten rexistrada a rúa co nome en outro idioma ou outra denominación, así que asegúrate que google maps “entende” esa dirección. Se non logras que saia no mapa, unha bóa opción pode ser meter as coordenadas.

Ó escribir a descripción dun evento, asegúrate de poñer nomes de artistas, do local onde actúan, cidade, porque eso axudarache a que sexa máis doado atopalo nas procuras, cando alguén procure por exemplo, concertos de ese artista, ou grupo, ou ese tipo de música (ex: pop).

A imaxe do evento súbese tras crear dito evento, clicando na imaxe no avatar xenérico, e premendo na opción “cambiar avatar”.

Para o resto das opcións…mellor olla na web, e comproba por ti mesmo, todo o que és capaz de facer nesta web…un feixe de cousas para facer!!!