Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A terceira edición do Lingua Viva estará adicada a Manuel María

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 5019
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
5019

O prazo de inscrición nos obradoiros ábrese o vindeiro xoves 14 de abril e rematará o 21 de abril, comezando os obradoiros o luns 25 de abril

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do Lingua Viva, un proxecto da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xunto a el estivo tamén Paloma Lugilde, coordinadora do proxecto e directora do grupo de teatro lucense Palimoco Teatro, así como algúns e algunhas das integrantes do mesmo.

O proxecto Lingua Viva contempla obradoiros de teatro e danza, e é, tal e como expresou Ferreiro "un proxecto aberto, anovador e flexible co que queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia" dixo.

Obradoiros de teatro e danza para todos os públicos, en horarios adaptables

Neste sentido, desde a Área de Cultura da Deputación informaron que o prazo de inscrición ábrese o xoves 14 de abril e rematará o xoves 21 de abril, incluído. As persoas que desexen participar poden informarse das datas e horarios na Área de Cultura da Deputación de Lugo e deberán inscribirse no rexistro da Deputación, cubrindo o formulario que estará a disposición do público na web v1deputacionlugo.gal, chamando ao 982-260-180 ou no e-mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. . Haberá obradoiros de teatro e danza para todas as idades, para nenas e nenos desde os 8 anos e para público adulto de todas as idades, comezando o 25 de abril que se prolongarán durante o mes de maio, ata o 17 de maio. Así mesmo, destaca tamén o feito de que haberá un grupo de traballo específico co grupo de teatro amador Down Lugo.

A representación da peza final que xurda dos obradoiros de Lingua Viva terá lugar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 21 horas en diferentes puntos do casco antigo de Lugo. Así mesmo, desde a Área de Cultura non descartan que esta peza final poida moverse a outros puntos da provincia de Lugo "habida conta da calidade e bo facer coa que conta o proxecto Lingua Viva, proba disto é o éxito das edicións pasadas, que este ano agardamos siga a medrar en número de participantes e tamén, xa que logo, en representacións" dixo Ferreiro.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Martes, 03 Diciembre 2024