Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

A Deputación impulsa o Correlingua como iniciativa “necesaria” de promoción do galego

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 5926
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
5926

O vindeiro 2 de maio bota a correr a iniciativa que move máis rapaces e rapazas a favor da lingua. Co lema "O galego está en nós" as carreiras atravesarán vilas e cidades do país, entre elas, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

A xa tradicional carreira de promoción da lingua inicia unha nova edición cun cartaz no que diversas persoas, entre elas varias caras coñecidas como o actor Federico Pérez, a escritora Ledicia Costas, a música Sés ou o gardameta Sergio Álvarez apoian unha nova campaña que ten como obxectivo incidir na xente máis nova para promocionar o uso do galego, finalidade que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, da que é responsábel a vicepresidenta Goretti Sanmartín.

Cando falta menos dun mes para o inicio das carreiras o vindeiro 2 de maio, a vicepresidenta Goretti Sanmartín e o presidente da Asociación Cultural Correlingua -integrada pola MNL, AS-PG e CIG-Ensino- veñen de asinar un convenio de colaboración polo que a Deputación se compromete a facer unha achega de 20.000 € para o desenvolvemento da iniciativa que recalará na Coruña o vindeiro 3 de maio, en Ferrol o día 10 e en Santiago o 13 de maio. En todas as cidades e vilas, Correlingua organiza, ademais das carreiras, un acto público con actividades lúdicas e didácticas e intervencións musicais e teatrais.

"Correlingua é xa unha iniciativa consolidada con quince anos de existencia que consegue dinamizar e crear entusiasmo arredor da lingua a milleiros de nenas e nenos que botan a correr cada ano para se gabaren do noso idioma", defendeu a responsábel tamén da área de normalización lingüística Goretti Sanmartín que avogou por unha "implicación das institucións necesaria e urxente para darlle o pulo que precisa o proceso de normalización lingüística".

Pola súa banda, Anxo Louzao explicou que "un ano máis sae o alumnado á rúa na defensa do noso idioma nunha actividade lúdico-reivindicativa que pon en evidencia a necesidade dunha política lingüística que promova o galego no ensino". "Deixa á vista que con vontade política a situación da lingua sería menos dramática e tería os mesmos dereitos que unha lingua normalizada", engadiu Louzao.

Correlingua naceu en 2001 como iniciativa para promocionar o uso da lingua entre as xeracións máis novas. Trátase dunha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende "convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única maneira de garantir o seu futuro".

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Sábado, 23 Novembro 2024