‘Noite curta’, adianto do festival o 2 e 9 de setembro na Praza das Pratarías.
A concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra, e o director do Festival internacional de cinema Curtocircuito Pela del Álamo, anunciaron en rolda de prensa na casa do concello, a presenza en Curtocircuito 2015 do laureado director.
O festival internacional de cinema Curtocircuíto que se organiza desde a concellaría de Acción Cultural e que conta coa xestión do Auditorio de Galicia, continua a consolidar o prestixio acadado coa presenza do mestre finés Aki Kaurismäki. Esta é a primeira dunha serie de sorpresas que traerá o festival na...
Continuar lendo