Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

CULTURGAL AVANZA AS LIÑAS MESTRAS DA SÚA OITAVA EDICIÓN COA PALABRA COMO PROTAGONISTA DO SEU PROGRAMA

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4587
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4587

A organización deseñou unha nova distribución do recinto feiral para mellorar a experiencia dos creadores e do público que se darán cita no Pazo de Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro

A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, adiantou hoxe as que serán as liñas mestras e a imaxe gráfica da súa edición de 2015, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro coa palabra como protagonista do seu programa de actividades. Así mesmo, deseñouse unha nova distribución dos espazos e dos expositores co obxectivo de mellorar a experiencia dos asistentes ao evento, que o ano pasado congregou máis de 15.000 persoas. 

Esta oitava edición do encontro promovido pola asociación homónima, que aglutina destacados colectivos profesionais das industrias culturais galegas, volve contar co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, institución que achega 50.000 euros para o desenvolvemento desta programación, en virtude do acordo asinado hai un mes polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado.

Ambos os dous interviñeron hoxe na presentación aos medios deste Culturgal 2015, na que tamén participaron a concelleira de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías; a deputada de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez, mais o director da Feira, Xosé Manuel Aldea.

 

b2ap3_thumbnail_559e8f495ad49-cartel-def-copia_20150710-092825_1.jpg

Xuntanzas profesionais

Na súa intervención, Jacobo Sutil salientou que, ademais da habitual presenza institucional da Xunta de Galicia como entidade expositora na zona de mercado, a Agadic escolleu o marco desta feira para desenvolver as reunións executivas de 'Firma e filme', un novo programa a través do que se busca impulsar a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. “Isto suporá que Pontevedra acollerá xuntanzas entre 18 casas editoras e 25 produtoras audiovisuais galegas para estudar a posibilidade de levar ás pantallas un total de 52 títulos propostos para este proxecto”, explicou.

O director da Agadic gabou o labor que está a desenvolver a actual directiva de Culturgal que, nas súas palabras, “está a conseguir algo non moi frecuente: que máis de 15.000 persoas secunden un evento cultural galego e que, como aconteceu xa na edición de 2014, o fagan previo pagamento da súa entrada”. 

 

“Presume de Culturgal”

Pola súa banda, a organización destacou que o lema deste ano será “Presume de Culturgal” e a palabra, en todas as súas expresións culturais (escrita, falada, declamada, cantada, nos libros, no cinema...), o eixe central do programa de actividades, para o que o prazo de presentación de propostas permanecerá aberto ata o 30 de setembro.  

No caso da reserva de stands, o período de inscrición prolongarase ata o 31 de outubro, perofacilitando a elección da súa situación no recinto a aquelas empresas, institucións e creadores que formalicen a petición de xeito anticipado. Nestes momentos, superouse xa a metade das reservas, con 43 espazos solicitados dos 84 ofertados. Co obxectivo de contribuír a que os expositores cumpran os seus obxectivos comerciais e de visibilidade, a feira mantén as mesmas tarifas de alugueiro dos espazos desde hai tres anos, ademais de lles ofrecer prezos especiais ás ONGs e asociacións sen ánimo de lucro que desexen divulgar a súa actividade neste marco.

En canto á venda de entradas e bonos de acceso, manteranse os prezos populares do ano pasado a través dos que, porén, o público de Culturgal converteuse nun importante apoio económico para a feira na procura dun modelo de xestión económico e de futuro. Neste sentido, a organización informou de que este ano conta cunha participación económica “estable e compensada”, cun 60 por cento de achegas públicas e un 40 por cento privadas, que posibilitan que “o maior escaparate para a cultura galega teña un futuro compartido colectivamente”. 

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 21 Novembro 2024