Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login
Asinar via RSS Vendo postaxes com a TAG Galiza Nova
17430

Milleiros de persoas, procedentes de toda Galiza, participarán nos concertos do 24 e 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela.

No Festigal 2016 tocarán Kepa Junkera & Sorginak, Poetarras, Arrhythmia, Biribirlocke, Falua, Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, AldaoLado e Fanfarria Taquikardia. Ademais, nesta XV edición, abrirá Esposa, a banda gañadora do concurso Novos Valores, haberá un espectáculo de maxia con Martín Camiña e a charanga Os Campantes da Baña amenizará a festa.

O evento será o 24 e 25 de xullo, no campus sur de Santiago de Compostela e está organizado por Galiza Nova e pola Fundación Galiza Sempre. “O Festigal é un grande espazo reivindicativo e festivo arredor do Día da Patria Galega que une música, letras, ideas e debates; un escaparate da cultura do país que serviu durante estes anos para o lanzamento de grupos de artistas agora consolidados”, explicou Alberte Mera, secretario xeral de Galiza Nova. “O reto deste ano do Festigal é incrementar as 20.000 persoas que asistiron na edición pasada”, engadiu.

Continuar lendo
0
10025
25 de Xullo de 2015,  Sol de xustiza e miles de persoas reunidas en Compostela para festexar o Día da Patria Galega. Ambente festivo e grande expectación por ser testigos desta festa da cultura galega. Grandes bandas e intérpretes convocados nun marco de incomparable beleza, como a Carballeira de Santa Susana de Compostela.  Tras un xantar multitudinario, amenizado con foliadas espontaneas, onde centos de músicos anónimos arráncanse a tocar polo simple feito de disfrutar. Tocando a música tradicional da terra, gaiteiros vocacionais, pandereiteiras, percusionistas e vocalistas de toda condición. Tras este petisco musical, despois dun primeiro acto que tivo lugar na...
Continuar lendo