Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login
Asinar via RSS Vendo postaxes com a TAG Ciclo
5241

O programa, para o que se restauraron e dixitalizaron obras de difícil acceso, reúne 63 curtas e longametraxes, ademais dunha selección de 17 spots dos Estudios Moro

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) dedícalle un novo ciclo temático á historia da animación en España, que se desenvolverá arredor de oito sesións para ofrecerlle ao público o resultado dun exhaustivo traballo de investigación, revisión e recuperación de material histórico xunto con obras de produción recente. ‘Do trazo ao píxel. Máis de cen anos de animación española’ arranca mañá, ás 20.30 horas, cun primeiro programa titulado ‘Garabatos’, centrado na pegada que o humor gráfico deixou no cinema.

Continuar lendo
0
4710

O especial sobre o gran cineasta francés, que dá comezo hoxe con ‘Boudu salvado de las aguas’, comprende varias copias novas tanto en DCP como en 35 mm.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa desde hoxe e ata o vindeiro 8 de abril a primeira parte dun ciclo dedicado a Jean Renoir, durante o que proxectará na súa sede da Coruña dez destacadas obras desta figura clave na historia do cinema francés e universal.

Continuar lendo
0
9053

O programa inclúe unha homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman e a premiada ‘Paulina’, do director arxentino Santiago Mitre.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemorará o Día Internacional da Muller cunha nova edición do ciclo cinematográfico ‘Olladas de mulleres no mundo’, para o que volve contar coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Do martes 8 ao sábado 12 proxectarase na sede coruñesa da Filmoteca de Galicia un total de oito títulos a través dos que se achega unha perspectiva feminina do cinema, ben sexa pola súa autoría, ben pola súa temática.

Continuar lendo
0
4429

Unha antoloxía de Sergio Oksman, a estrea da sección Contextos e os especiais sobre o cinema español máis independente e a vangarda experimental norteamericana son algunhas das novidades do novo programa bimestral xaneiro-febreiro.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia a súa programación de 2016 retomando na súa sede da Coruña o ciclo dedicado ás comedias dos estudios londinienses Ealing, do que xa ofrecera unha primeira entrega a finais de 2015. Neste caso, a carteleira reúne catro clásicos filmados por Robert Hamer, Henry Cornelius e Charles Chrichton entre 1949 e 1953.

Continuar lendo
0
4547
A carteleira arranca esta semana coa exhibición de ‘O ouro do tempo’ este xoves no Cenima de Foz e de ‘Encallados’ o sábado na Casa da Cultura de Verín. A actividade de ‘Cinemas de Galicia’ regresa a partir desta semana ao Carballiño, Foz, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Redondela e Verín para desenvolver un segundo período anual de programación. O público destes seis concellos en rede terán así a oportunidade de ver en pantalla grande unha escolma de destacados filmes, tanto internacionais como de produción galega, que non son doados de atopar nas salas comerciais. Durante o último cuadrimestre...
Continuar lendo
0