Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

O Centro Galego de Artes da Imaxe afonda na obra de Jean Renoir coa proxección de dez dos seus filmes máis emblemáticos

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4711
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4711

O especial sobre o gran cineasta francés, que dá comezo hoxe con ‘Boudu salvado de las aguas’, comprende varias copias novas tanto en DCP como en 35 mm.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa desde hoxe e ata o vindeiro 8 de abril a primeira parte dun ciclo dedicado a Jean Renoir, durante o que proxectará na súa sede da Coruña dez destacadas obras desta figura clave na historia do cinema francés e universal.

O especial, que se estenderá á carteleira de maio-xuño con outros cinco títulos, arranca esta mesma tarde cunha sesión dobre –ás 18.00 e ás 20.30 horas– de ‘Boudu salvado de las aguas’, filme de 1932 sobre o intento de civilización dun vagabundo por parte dun librepensador insatisfeito coa súa vida matrimonial.
 
Obras mestras
A carteleira inclúe tamén varias das obras consideradas como imprescindibles na filmografía do director francés. É o caso de ‘Un día en el campo’, homenaxe do realizador ao seu pai, o pintor impresionista Pierre-Auguste Renoir, que poderá verse no CGAI mañá xoves xunto á satírica ‘El crimen de Monsier Lange’. Así mesmo, o mércores 30 de marzo programarase ‘La regla del juego’, definida por moitos especialistas como a gran obra mestra do director, na que critica as máscaras sociais, a hipocrisía e a falta de ética.
 
Esta primeira entrega da homenaxe do Centro Galego de Artes da Imaxe a Jean Renoir complétase con outros seis títulos: ‘La gran ilusión’ (18 de marzo), ‘La bestia humana’ (22 de marzo), ‘La marsellesa’ (23 de marzo), ‘Aguas pantanosas’ (6 de abril), ‘Esta tierra es mía’ (7 de abril) e ‘Memorias dunha doncella’ (8 de abril). Todas elas exhibiranse en sesión dobre, ás 18.00 e 20.30 horas
 
O ciclo, que comprende varias copias novas en DCP e en 33 mm, dálle continuidade á ampla retrospectiva que a Filmoteca de Galicia lle dedicara ao cineasta francés hai preto de dúas décadas en colaboración coa revista ‘Nosferatu’.

-CGAI

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Mércores, 25 Decembro 2024