Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

A MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO INICIA A SÚA 32ª EDICIÓN

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 7199
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
7199

O encontro inclúe obradoiros, proxeccións, coloquios e a entrega do Premio Mulleres en Acción a Aurora Marco e do Xiria ao Labor Teatral a Luma Gómez

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe en Santiago o programa da súa trixésimo segunda edición, que desde mañá día 3 e ata o 11 de xullo ofrecerá un total de 18 espectáculos escénicos en diferentes espazos e rúas da localidade. Como en anos anteriores, o encontro completarase cunha ampla oferta paralela de obradoiros, proxeccións, coloquios e entregas de premios.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, compartiu este acto de presentación con María Armesto, directora artística da mostra, e con Casilda Alfaro, responsable da área de actividades paralelas. Acompañáronnos, ademais, Aurora Marco, catedrática e investigadora recoñecida este ano co Premio Mulleres en Acción, así como Mercedes Castro e Lúa Gándara, en representación de Eme2 e Funboa Escénica, as dúas compañías galegas que estrearán en Cangas os seus novos espectáculos: ‘Jim e a illa do tesouro’ e ‘Sushi gratis’, respectivamente.

Jacobo Sutil destacou a calidade artística, a defensa do teatro galego, a exhibición de espectáculos doutras procedencias, a organización público-privada, a activa participación ciadadá e as estratexias de consolidación de públicos entre as principais características que, desde o seu punto de vista, definen este festival escénico, único en Galicia e un dos poucos en Europa que se centran exclusivamente na comedia.

Lembrou, así mesmo, que nos últimos tres anos a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas recibiu o apoio económico da Consellería de Cultura e Educación a través da convocatoria pública de subvencións a festivais escénicos e musicais, que é xestionada a través da Agadic co obxectivo de consolidar os papeis cultural e socioeconómico deste tipo de eventos profesionais.

Pregón inaugural

Un total de 17 formacións artísticas, das que 9 son galegas e o resto proceden de Francia, Andalucía, Asturias, Baleares (en coprodución con Chile), Cataluña, Madrid e Navarra configuran a carteleira desta 32ª edición, que será inaugurada mañá venres co pregón que a actriz Isabel Risco ofrecerá no Auditorio Municipal ás 22.30 h, no marco dun acto no que tamén intervirá o director da Agadic.

A continuación, neste mesmo escenario terá lugar a estrea en Galicia de ‘Bancarrota’, da compañía navarra Acrónica Producciones. O Auditorio cangués acollerá, ademais, as primeiras funcións galegas de ‘El extraño caso de la Marquesa de Vadillo’ (sábado 4), dos madrileños Teatro El Zurdo; ‘La flauta mágica. Variaciones Dei Furbi’ (martes 7), dos cataláns Dei Furbi; e ‘Malasombra’ (venres 12), coprodución hispano-chilena encabezada pola formación mallorquina Auments, así como o espectáculo xestual dos franceses Monsieur et Madame O (sábado 11).

Tamén neste espazo representarase ‘Perplexo’ (domingo 5), de ilMaquinario Teatro; ‘Bordadora de Soños’ (luns 6), da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas; e o espectáculo infantil ‘Jim e a illa do tesouro’ (mércores 8), a nova proposta de Eme2 emoción&arte. Esta última será unha das catro estreas absolutas inseridas no programa deste ano, xunto con ‘Sushi gratis’, que Funboa escenificará na Salasón o xoves 9, e dúas montaxes chegadas desde Asturias: ‘El Lazarillo de Tormes’, de Teatro del Norte (martes 7, na Salasón), e ‘La ola flotante’, unha coprodución promovida polo laboratorio escénico La XaTa de La RiFa (xoves 9 nas Naves de Ojea).

O programa de exhibición completarase con outras catro citas na Salasón (‘Nabiza Girl’ de Isabel Risco, ‘No pensar’ de Carlos Meixide, ‘Retablo’ de Teatro del Norte e ‘Illas Atlánticas’ de A Artística), así como con tres propostas que se atoparán cos viandantes en diferentes rúas e prazas da localidade: ‘Fitness’, de Ibuprofeno Teatro; ‘Bambalas’, coprodución andaluza entre Bambolea e Alas Circo; e ‘Impreuna’, de Pistacatro.

Accións divulgativas e Revoltallo en Pedra

Como en anteriores entregas da Mostra, esta carteleira compleméntase cunha serie de accións formativas e divulgativas, como o obradoiro de circo a cargo de Pistacatro, o encontro de dramaturxia e tres foros de debate (‘Cartografía das artes escénicas no Morrazo’, ‘O teatro galego no século XXI: diagnose’ e ‘U-las actrices?’), así como cunha nova edición do Revoltallo en Pedra, a través do que se ofrecerá unha mostra do traballo de distintos colectivos cangueses.

No programa paralelo tamén hai lugar para o cinema, coa proxección do documental ‘A viaxe dos Chévere’, e para a entrega do XXIX Premio Xiria ao Labor Teatral á actriz Luma Gómez pola súa traxectoria e o seu compromiso coa profesionalización do sector en Galicia, e do IV Premio Mulleres en Acción a Aurora Marco polo seu traballo de investigación e recuperación da memoria histórica das mulleres represaliadas.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Sábado, 21 Decembro 2024