Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Día de Rosalía de Castro 2017. Propostas da AELG para os centros de ensino: #RosalíaTe

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 8886
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
8886

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da web da AELG.

Actos promovidos pola AELG

Alén do acto central, que terá lugar ás 12.00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.

En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.

 

Actividades propostas pola AELG para os centros de ensino

Para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra. Para a educación Secundaria e Bacharelato proponse a gravación nos centros de ensino dun Mannequin Challenge, onde o alumnado interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía, mentres que para a educación Infantil e Primaria a AELG propón que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Posteriormente faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno. A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe.

  

Moción proposta pola AELG para ser aprobada polos plenos dos concellos do país

Desde 2011 a AELG vén solicitando aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron Allariz, Ames, Baiona, Bueu, Burela, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Chantada, A Coruña, Entrimo, A Estrada, Fisterra, Foz, A Guarda, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade. A estas entidades sumáronse tamén as Deputacións da Coruña e Lugo. A AELG seguirá a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.

 

Pódense seguir as noticias da proposta nesta páxina da web da AELG.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Martes, 12 Novembro 2024