Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Morre Agustín Fernández Paz, o autor insustituíbel das letras galegas

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 20011
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
20011

O autor que rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras de 2010 por mor da política en contra do galego levada a cabo pola institución que llo concedía, a Xunta de Galicia, que viña de promulgar o Decreto do Galego.

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é tamén o autor máis verquido a outros idiomas da literatura galega, con 115 traducións a 16 linguas diferentes, segundo datos de Iolanda Galanes, investigadora do proxecto Bitraga da UVigo. Ten preto de 50 traducidas para o español, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao euskara, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras. 

Autor dunha extensa obra, 67 libros, maiormente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, Fernández Paz tamén ten publicado ensaio e libros divulgativos, especialmente relativos ao mundo da lingua e da normalización, no que estaba moi implicado. 

‘Cartas de inverno’ (Xerais, 1995), o seu libro máis vendido, está a piques de chegar aos 100.000 exemplares só en galego. Xerais, a súa editorial de sempre, proxecta lanzar unha edición especial da que é a súa obra de ficción máis vendida (e a segunda en toda a literatura galega, só por detrás de ‘Memorias dun neno labrego’, de Neira Vilas). 

A directiva da Asociación Galega de Editoras súmase ás voces de pesar polo pasamento do escritor e mestre Agustín Fernández Paz, pola súa ampla e brillante contribución ás nosas letras, pola súa estreita vinculación ao sector editorial e por ter enriquecido a experiencia lectora de tantas xeracións de galegos e galegas. O seu premiado e apreciado legado literario e a súa figura, exemplo de coherencia e de compromiso coa lingua e coa cultura do país, xa son patrimonio de todos e todas.

O público puxo a obra de Agustín Fernández Paz no lugar de honra que merece, ao situala entre as máis vendidas e traducidas a outros idiomas. Tamén como protagonista de numerosas homenaxes e galardóns recibidos en vida: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, candidato ao Premio Astrid Lindgren e ao Premio Andersen, destacado pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich, Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo…

A literatura infantil e xuvenil está de loito, un xénero ao que lle dedicou o seu maior caudal creativo e literario, que tamén deu ao prelo ensaios e obras de divulgación.

A Asociación Galega de Editoras quédalle agradecida pola súa xenerosidade, a súa disposición na promoción do libro e da lectura, a súa defensa en causas como a normalización lingüística, o ensino público galego ou os principios de xustiza social. O baleiro que deixa é insustituible.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 12 Decembro 2024